
Adolfina Casás Rama (Vila da Igrexa, Cerceda, 1912 Culleredo, 2009) e Rosa Casás Rama (Vila da Igrexa, Cerceda, 1914 A Coruña, 2005), tía e sobriña, aprenderon a cantar e logo lles foi recoñecida a súa habelencia para facelo, pois axiña empezaron a chamalas para amenizaren rogas e foliadas. A chegada da radio, das orquestras e de novas modas empezou a mudar o panorama musical galego nos anos 50. Por parte, nos 60 Rosa emigrou -primeiro a Suíza e logo a Reino Unido-, polo que as dúas cantareiras non se volveron xuntar ata os anos 80, cando Rosa regresou e recuperaron os seus cantos de sempre, pero xa para as xuntanzas familiares. É probable que os seus nomes e as melodías que interpretaban quedasen, como tantos outros, no esquecemento, de non ser pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth e o filólogo galego Antón Santamarina, que recolleron as súas coplas e que as publicaron no Cancioneiro popular galegonova venta (1984-1995). A investigadora -a primeira en rexistrar os nomes das informantes nunha recolleita da nosa lírica tradicional- destacou a variedade e orixinalidade das composicións que interpretaban, así como a capacidade de improvisación de ambas as mulleres.
Eva Castiñeira (Agranzón, Muxía, 1925 A Coruña, 2008) con oito anos xa cantaba con outras dúas veciñas e coa súa irmá Engracia en bailes e romarías da súa bisbarra. De adulta trasladouse á Coruña, onde traballou no servizo doméstico. En 1980 estaba empregada na casa de Tino Maceiras, un dos socios da discográfica Ruada. Maceiras sentiu cantar a súa empregada de fogar e faloulle dela a Rodrigo Romaní, integrante do grupo Milladoiro, que sacaría ese ano o seu primeiro disco en Ruada e que convidaría a Eva a participar canda a súa irmá nun concerto que se celebrou no pavillón de deportes da Coruña. Era a primeira vez que unha pandeireteira subía ao escenario cun grupo folk. Milladoiro tamén incluiría temas que coñecera por Eva Castiñeiras no disco Galicia no país das maravillasnova venta (1986). Temos unha gravación da voz de Eva Castiñeiras, porque en 1981 cantou no álbum Recolleitanova venta que deu a lume tamén Ruada, un traballo de corte etnográfico coordinado por Pablo Quintana. En 2011 o grupo Leilía dedicoulle o seu disco Consentimento: a todas as Evas, para que nunca as súas voces sexan voces segredas.
Manuela Lema Villar (1913-1993), as irmás Prudencia (1905-1993) e Asunción Garrido Ameixenda (1915-2007) e Teresa García Prieto (1914-1979), todas da parroquia de Mens, en Malpica, formaron -xunto con Adela Rey, Teresa Lema e Manuela Garrido- As Pandeireteiras de Mens ou As Vellas de Mens. As pandeireteiras homenaxeadas traballaron toda a vida como labregas e, a partir de 1972, xa nos lindes dos 80 anos, percorreron Europa e América coa Agrupación Folclórica Aturuxo dirixida por Manuel Cajaraville. Este recolleu e estudou os seus cantos no libro Debullando folklore. Tamén Dorothe Schubarth e Antón Santamarina reproduciron as súas coplas no Cancioneiro popular galegonova venta.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.