Noticias

Galicia acada o mínimo histórico de desemprego e o mellor nivel de afiliacións nun mes de abril, con máis de 19.000 novos cotizantes respecto a hai un ano

O mercado laboral galego baixa por primeira vez das 117.000 persoas desempregadas desde que hai rexistros (1996) ao obter en abril unha cifra de paro de 115.545, o que supón unha redución nas evolucións anual (-8,54) e mensual (-3,03) que é superior en ambos casos á reflectida na media do Estado. Ademais, acada o máximo nivel de afiliacións á Seguridade Social nun mes de abril de toda a serie (2004), con 1.087.434 persoas. Galicia é a terceira comunidade autónoma na que máis descende o paro en termos relativos na comparativa anual e especificou que neste caso avantaxa ao conxunto do Estado en 2,77 puntos (-5,77). En canto ás afiliacións á Seguridade Social, o titular de Emprego destacou ademais que Galicia conta con 19.099 máis en relación a hai un ano.

O mercado laboral galego baixa por primeira vez das 117.000 persoas desempregadas desde que hai rexistros (1996) ao obter en abril unha cifra de paro de 115.545, o que supón unha redución nas evolucións anual (-8,54) e mensual (-3,03) que é superior en ambos casos á reflectida na media do Estado. Ademais, acada o máximo nivel de afiliacións á Seguridade Social nun mes de abril de toda a serie (2004), con 1.087.434 persoas. Así o destacou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración dos datos relativos ao mes de abril realizada hoxe.

O conselleiro tamén puxo de relevo que Galicia é a terceira comunidade autónoma na que máis descende o paro en termos relativos na comparativa anual e especificou que neste caso avantaxa ao conxunto do Estado en 2,77 puntos (-5,77). En canto ás afiliacións á Seguridade Social, o titular de Emprego destacou ademais que Galicia conta con 19.099 máis en relación a hai un ano.

Tamén en relación coa evolución anual subliñou que o paro cae nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos, liderando a caída o sector primario (-13,46%), seguido da construción (-13,39%), da industria (-12,11%) e, por último, dos servizos (-7,81%).

Ademais, o titular de Emprego salientou a boa evolución e redución do paro nos colectivos prioritarios en relación a hai un ano. No caso das mulleres desempregadas, a caída é do -8,16% e, con 67.354, é a cifra máis baixa de toda a serie histórica (desde maio 2005). A redución no paro dos menores de 30 anos é do -6,77% acadando, con 12.913, a cifra máis baixa para un mes de abril desde que hai rexistros (2005). Ademais, os parados de longa duración -58.054- baixan nun -7,95%, sendo tamén o mellor abril de toda a serie histórica e o dato máis baixo desde setembro de 2008.

Nesta liña, subliñou que os últimos datos indican que Galicia vai na boa dirección e que o Goberno galego continuará apostando por un mercado laboral dinámico, inclusivo e que xere emprego de calidade.

R., 2025-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES