Noticias

Galicia supera os 8 millóns de turistas en 2024 e consolida a súa estratexia de internacionalización

Galicia acada máximos históricos no eido turístico o pasado ano 2024 cun volume de viaxeiros que supera os 8,2 millóns de turistas aloxados en establecementos da Comunidade, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Por primeira vez na serie histórica a Comunidade galega achégase aos 7,3 millóns de viaxeiros en 2024 aloxados en establecementos hoteleiros e extrahoteleiros galegos aos que hai que sumar os viaxeiros aloxados en vivendas de uso turístico. En canto ao nivel de demanda, segundo o INE, este superou os 13,6 millóns de noites con 115 mil novas noites respecto do indicador de 2023.

Galicia acada máximos históricos no eido turístico o pasado ano 2024 cun volume de viaxeiros que supera os 8,2 millóns de turistas aloxados en establecementos da Comunidade. Así o puxo de manifesto o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, durante a visita á oficina de turismo de Parada de Sil, onde se referiu aos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Neste sentido, salientou que por primeira vez na serie histórica a Comunidade galega achégase aos 7,3 millóns de viaxeiros en 2024 aloxados en establecementos hoteleiros e extrahoteleiros galegos aos que hai que sumar os viaxeiros aloxados en vivendas de uso turístico.

“O turismo na Comunidade galega está a medrar cuantitativa e cualitativamente”, asegurou destacando o incremento na rendibilidade económica hoteleira e tamén no gasto realizado polo turista internacional ao tempo que salientou que a actividade turística está a xerar emprego de maior calidade e menos temporalidade.

En canto ao nivel de demanda, segundo o INE, este superou os 13,6 millóns de noites con 115 mil novas noites respecto do indicador de 2023. Ademais, a Comunidade consolida o seu crecemento desestacionalizado con incrementos ao longo do ano en meses fóra de tempada como maio cun incremento do 11,1% e novembro co 12,2% de suba.

Os datos de peche de 2024 tamén falan dun importante peso do mercado internacional que se sitúa no 30% e un crecemento de viaxeiros procedentes de Estados Unidos (+22,1%), Italia (11,8%) e Alemaña (5%) .O gasto medio do turista internacional que visita Galicia aos 170 euros, experimentando un crecemento do 14,3% con respecto a 2023.

En canto á rendibilidade hoteleira, estímase que o sector obtivo uns ingresos nominais totais de 432 millóns de euros, un 6,7% máis que en 2023. Ademais, o emprego xerado en Galicia ao redor do turismo continúa a medrar en afiliacións á seguridade social a un ritmo do 3,1% e tamén está a ser un emprego de maior calidade, gañando en estabilidade e en redución de taxas de temporalidade, colocándose en mínimos históricos.

R., 2025-01-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foto de la tercera plana (galicia-ilusiona-2026.jpg) Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Notas

A Casa de Rosalía en Padrón acolleu a presentación pública de 'TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade en torno ao Patrimonio Literario Rural', un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE) e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), na modalidade Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (ACTS).
A actriz e narradora oral Atenea García, o poeta e narrador Celso Sanmartín e as e os finalistas do certame 'Bótalle un conto' protagonizarán 'Contos de inverno', o ciclo de contacontos para adultos que promove a Vicerreitoría do campus. Dirixido a pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego, así como subliñar o seu papel na preservación de tradicións, mitos ou lendas, este ciclo desenvolverase os días 19 e 25 de novembro, e 3 de decembro, na Casa das Campás.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES