
Con este fin, o novo plan inclúe un total de 93 medidas específicas coas que prevé mobilizar un investimento estimado en 1.767 millóns de euros e que se articulan en torno a 34 liñas de actuación que se enmarcan en catro grandes áreas: mitigación, adaptación, investigación e dimensión social.
Entre as máis novidosas, a conselleira destacou o fomento do cambio a transportes máis eficientes e sostibles como os de uso colectivo en zonas metropolitanas ou o transporte a demanda no rural, medida na que se prevé mobilizar un investimento de 560 M, ou o reforzo e mellora dos sistemas de saneamento e drenaxe (14,5 millóns) para garantir a calidade das masas de auga fronte aos riscos derivados de inundacións, desbordamentos e outros efectos asociados a fenómenos meteorolóxicos extremos.
Así mesmo, no eido da investigación destaca o impulso en 2025 da Compra Pública Innovadora para desenvolver novas solucións fronte ao cambio climático como o mercado voluntario de créditos de carbono. Cun investimento duns 7 millóns de euros, o fin último é axudar ás empresas a compensar as súas achegas de C02 coa realización de distintos proxectos de reforestación, por exemplo e contribuír así a avanzar cara ao obxectivo da neutralidade climática.
Para avanzar na sensibilización e na gobernanza, outra das novidades será a posta en marcha dun programa pioneiro de concienciación e divulgación en materia de cambio climático dirixido á xuventude (Mocidade polo Clima, cun orzamento de 1,4 millóns) ou a Oficina de Cambio Climático de Galicia, que fará un seguimento das accións do PRIEC.
Con carácter xeral, tamén se reforzará o papel da Comisión Interdepartamental para o impulso e coordinación da Estratexia galega de cambio climático e enerxía (EGCCE) co fin de afianzar o seu carácter transversal e fomentar a cooperación entre todos os axentes e departamentos da Xunta implicados na mesma.
Igualmente, impulsarase a coordinación coas administracións municipais a través da Rede local polo clima, e co tecido económico e social mediante a Alianza galega polo clima, dúas iniciativas impulsadas pola Xunta para avanzar no compromiso conxunto de responder aos desafíos emerxentes que debe afrontar a Comunidade neste eido.
De igual forma, o PRIEC 2030 tamén aposta por equilibrar a diferencia entre emisións e absorcións, adaptar os sectores primarios máis afectados polos efectos do cambio climático, reforzar a resiliencia do territorio urbano e rural e impulsar medidas que reduzan as súas consecuencias para a saúde humana.
Balance do plan anterior
Cómpre lembrar que a Xunta impulsou a EGCCE en 2019 como instrumento planificador para blindar o futuro da Galicia verde. Tendo en conta que foi concibida como unha ferramenta en proceso de avaliación continua, este novo plan revisa e actualiza os seus obxectivos para continuar co seu desenvolvemento e garantir unha maior eficacia.
Así, no marco do I Plan Rexional Integrado 20192023 executáronse un total de 139 medidas, un 81% de todas as propostas, cun orzamento total de 1.139 millóns de euros e un grao de execución do 91% do total orzamentado. Ademais, desde 2019 as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%, tres veces máis que a media española (6%) e que a europea (6,1%).
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.