A demanda para viaxar a España é cada vez maior no mercado británico, sendo Galicia un dos seus destinos predilectos polo seu patrimonio cultural, paisaxe, enogastronomía, Camiños de Santiago, turismo urbano, natureza, clima suave e a busca de experiencias distintas lonxe doutros destinos masificados. Os turistas británicos valoran sobre todo a accesibilidade ao destino, a seguridade e a boa relación calidade-prezo.
Segundo o INE, o pasado ano 2023, o mercado británico rexistrou arredor de 130.000 turistas que xeraron 930.000 mil pernoctacións en Galicia, cifras que superan nun 16% e 10%, respectivamente, os valores de 2022. Isto tradúcese nun peso do mercado británico que representa o 5,5% do total do turismo internacional da Comunidade, ocupando a quinta posición en orde de importancia por detrás de Portugal, Francia, Alemaña e Países Baixos.
Ademais, no que vai de ano, un total de 12.887 británicos fixeron o Camiño, isto é un 22,5% máis que os que o fixeron en todo o ano 2023, ocupando tamén a quinta posición por orixe internacional de peregrinos, tras EE.UU, Italia, Alemaña e Portugal.
Estratexia de promoción
Precisamente, no camiño de mellorar estas cifras atópase a participación de Galicia na WTM London, como reforzo ademais, da estratexia galega de promoción do destino en Gran Bretaña. Trátase dunha cita exclusivamente profesional que este ano alcanza a 45ª edición, na que a oferta turística galega conta cun espazo propio de 50m2 no stand de Turespaña.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu de que as novas medidas para paliar os efectos da guerra de Irán aprobadas polo Goberno central terán 'un impacto directo nas arcas autonómicas' xa que Galicia 'deixará de ingresar máis de 120 millóns de euros' nos tres meses que estas medidas estarán inicialmente en vigor. As medidas con impacto fiscal anunciadas polo Goberno central enfócanse na redución do IVE e dos impostos especiais para os carburantes, electricidade e gas. Ao estar estes tributos cedidos ás Comunidades Autónomas, o impacto derivado da menor recadación repártese entre o Estado e as autonomías, en función da porcentaxe de cesión(no IVE é do 50%, nos impostos especiais do 58%).
O número de emigrantes galegos persoas que naceron en Galicia e residen no exterior volve baixar un ano máis en 2.006 persoas, continuando a tendencia dos últimos exercicios. En paralelo, a poboación galega total que reside no exterior increméntase debido ás novas inscricións de persoas descendentes de galegas e galegos nacidas no estranxeiro, ata acadar os 563.303 (incremento de 15.051 persoas, un 2,75%) a 1 de xaneiro de 2026, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).