Noticias

Os mellores ilusionistas do mundo participarán na Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona

A Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona vaise desenvolver o 5 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense, e nela participarán algúns dos mellores ilusionistas do mundo: Jerome Murat (Francia), Kimoon Do (Corea do sur), Lore Lavand (Arxentina), Nestor Hato (Francia), Mago Murphy (Madrid), Manolo Costa e Mindanguillo (Elche), Sebastian Dethise (Bélxica), Dania Díaz (Venezuela), Jimmy Delp (EEUU) e Dani Polo (Galicia). Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional.

O delegado territorial da Xunta en Ourense Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona que se desenvolverá o sábado, 5 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense e na que participarán seis dos mellores ilusionistas do mundo: Jerome Murat (Francia), Kimoon Do (Corea do sur), Lore Lavand (Arxentina), Nestor Hato (Francia), Mago Murphy (Madrid), Manolo Costa e Mindanguillo (Elche), Sebastian Dethise (Bélxica), Dania Díaz (Venezuela), Jimmy Delp (EEUU) e Dani Polo (Galicia). As entradas teñen un prezo de 16,60€ no anfiteatro e de 19,80€ na platea central e lateral e están á venta na web do Festival (www.galiciailusiona.es).

O delegado territorial destacou que se trata dun evento “que medra cada ano na calidade dos magos e ilusionistas nacionais e internacionais que participan e tamén no público que acode ás funcións”. Neste punto, tivo palabras de agradecemento para os directores do festival, Dani Polo e Pedro Bugarín.

Subliñou Manuel Pardo que a Xunta apoia esta iniciativa co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade.

Para o representante do Goberno galego, “temos que sentirnos orgullosos do traballo realizado dende tódolos sectores, xa que gracias a elo, somos un destino elixido por milleiros de persoas para visitar e, por suposto, de ter esa maxia que nos fai tan especiais aos galegos e de que sigamos sendo o destino favorito para a celebración de actuacións tan espectaculares como, estou segura, levarán a cabo os participantes deste festival de ilusionismo”.

Tamén salientou Manuel Pardo que o éxito alcanzado nas dúas edicións previas con 70.000 espectadores “afianzan un evento que cada ano se consolida na axenda de Galicia como un foco de atracción de visitantes e afeccionados á maxia”. Neste punto, fixo referencia aos 30 países de procedencia do público que acudiu nos últimos anos.

O Festival Galicia Ilusiona

Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional, polo que se pretende elevar a arte da maxia a un novo nivel. Trátase dun dos festivais máis ambiciosos de Europa (en canto a número de accións, artistas e duración) coa posibilidade de que a marca Galicia sexa moi potenciada a todos os niveis. Debido a isto, búscase crear unha experiencia única e espectacular, atendendo polo miúdo a cada un dos detalles.

A nivel artístico, é fundamental potenciar tres factores: contar coa presenza dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento e do mundo, priorizar a igualdade neste mundo emerxente, coa presenza de Magas e Magos, en todas as accións que se levarán a cabo, e apostar pola maxia galega, contando con magos e magas galegos/as para unha boa parte dos espectáculos.

A nivel técnico, cóntase cos mellores e máis actuais equipos posibles. Toda unha exhibición de luz e son, con presenza de pantallas led e efectos especiais, tales como explosións pirotécnicas controladas ou canóns de confeti, serán un dos puntos fortes que complementen os actos dos mellores magos do mundo na Gran Gala Máxica Internacional.

R., 2024-10-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES