
A través deste programa, desenvólvense actividades que fomenten e canalicen as iniciativas emprendedoras do alumnado do centro educativo, e en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos, mediante un sistema de orientación, guía e titoría das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado.
Ofrécese soporte administrativo e técnico para as primeiras fases dun proxecto emprendedor, similar ao dun marco de desenvolvemento dunha startup, xunto co asesoramento e axuda necesarios para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Se acada un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha, faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro da Rede de viveiros de empresa do programa Eduemprende.
Desenvólvense actividades formativas focalizadas no desenvolvemento das habilidades e competencias que o alumnado debe adquirir para ter un enfoque emprendedor: habilidades persoais, sociais, de relación, de comunicación, de definición de produto, de desenvolvemento de prototipos ou de propostas.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.