Noticias

Jake Bugg, Miles Kane, Teenage Fanclub ou Los Enemigos encabezan o cartel do Our Fest

O OUR Fest vén de presentar o seu cartel para o vindeiro 14 de setembro. Esta nova edición incluirá, entre outros ao cantautor británico Jake Bugg, a icónica banda escocesa Teenage Fanclub, a banda británica de post-punk Yard Act ou a emblemática banda española Los Enemigos, entre outros. O festival que marca o peche do verán celebrarase no recinto de Expourense e centrarase no rock alternativo, o indie e a diversidade de estilos. Tamén está confirmada a presenza de Miles Kane, recoñecido polo seu traballo en The Last Shadow Puppets e a súa carreira en solitario e a banda galego-madrileña Caballo Prieto Azabache.

Na súa estratexia por fortalecer a oferta turística urbana e rural a través da música e dos festivais, Turismo de Galicia apoia un ano máis o OUR Fest, que vén de presentar o seu cartel para o vindeiro 14 de setembro.

Esta nova edición incluirá, entre outros ao cantautor británico Jake Bugg, a icónica banda escocesa Teenage Fanclub, a banda británica de post-punk Yard Act ou a emblemática banda española Los Enemigos, entre outros.

O festival que marca o peche do verán celebrarase no recinto de Expourense e centrarase no rock alternativo, o indie e a diversidade de estilos. Tamén está confirmada a presenza de Miles Kane, recoñecido polo seu traballo en The Last Shadow Puppets e a súa carreira en solitario e a banda galego-madrileña Caballo Prieto Azabache.

O ano pasado, na súa segunda edición levou máis de 4.000 persoas á cidade de Ourense. As entradas para esta terceira edición están

R., 2024-08-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES