
O 13 de xullo o Monte do Gozo acolleu tamén o BBF, festival de música electrónica que reuniu tamén miles de seguidores de diferentes djs como Armin Van Buuren, Marshmello, Claptone, Hardwell, Timmy Trumpet ou Fedde le grand.
Tamén este ano incluiu os concertos de The Warning en Santiago de Compostela, os americanos Queens of The Stone e os mexicanos Maná na Coruña, así como a canadiense Loreena McKennitt en Vigo. O Gozo Festival traerá tamén en decembro a Rod Steward ao Coliseum da Coruña e trabállase na programación de 2025 confirmando xa a primeira actuación coa americana Anastacia no Auditorio do Mar de Vigo en marzo do 2025.
A Xunta de Galicia apoia o Gozo Festival desde a súa primeira edición no seu obxectivo por promover e apoiar grandes eventos musicais que sexan quen de atraer d
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.