
Os incrementos máis acusados concéntranse nos másteres de FP, que medran preto dun 60% (1.050 solicitudes recibidas) e nos ciclos de FP Dual Intensiva (a nova denominación da antiga FP Dual), cun crecemento do 20,49% de solicitudes ata acadar as 3.376. Destaca tamén o crecemento de peticións na modalidade semipresencial e a distancia, cun 13,43% máis (14.486 en total recibidas).
Dos 821 ciclos totais ofertados en réxime ordinario xa están completos 457 (o 55,66%), mentres que en outros 364 quedan prazas vacantes. No caso dos ciclos de grao medio esgotaron prazas un total de 208 ciclos (51,49%) mentres que outros 196 aínda dispoñen de prazas. En grao superior, 249 (55,66%) cubriron prazas mentres que outros 364 aínda dispoñen de vacantes para as sucesivas adxudicacións.
Familias máis demandadas
Entre os ciclos máis demandados atópanse os das familias Sanidade, onde o cen por cen das prazas xa foron cubertas nesta primeira adxudicación, de Actividades físicas e deportivas, Imaxe e son e Téxtil, confección e pel.
Matrícula
Desde hoxe ata ao 22 xullo ás 13,00 horas o alumnado deberá confirmar ou renunciar a praza adxudicada, xa que de non facelo quedará excluído do procedemento. Froito desta posibles renuncias, é posible que ciclos que neste momento figuran como completos, a partir do día 22 pasen a dispoñer de prazas dispoñibles, aínda que a maioría dispoñe de persoas en listaxe de agarda.
Do 27 ao 31 de xullo terá lugar a segunda fase de adxudicación e matriculación, que seguirá un proceso similar. Unha vez concluída a terceira fase xa en setembro, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.