
O edición do Morriña Festival, que contará co apoio da Xunta e terá entre os seus cabezas de cartel artistas como Aitana, Louis Tomlinson -que fora integrante de One Direction- ou Yandel, entre outros.
O festival celebrarase o 26 e 27 de xullo e celebra este ano a súa cuarta edición. O representante de Turismo de Galicia agradeceu á organización a súa aposta por traer a Galicia a numerosos artistas de renome internacional e valorou o papel de grandes espectáculos como o Morriña Festival como unha importante ferramenta de promoción e prestixio para a Imaxe de Galicia como destino.
No acto de hoxe, informouse de que, ademais de Aitana como primeiro cabeza de cartel, tamén se contará coa participación no festival de Louis Tomlinson, ex de One Direction; o portorriquieño Yandel ou Nicki Nicole, en representación da música latina. O festival tamén contará con La La Love You, o galego Sen Senra, un dos artistas con máis talento da súa xeración.
Completan a listaxe, entre outros, os barceloneses Doria ou unha das promesas musicais do momento, o dúo Marlena xunto con un dos maiores talentos da música española da actualidade,, o madrileño Dollar Selmouni. Xunto a eles tamén estarán Enol, Yeico x Toni, Trashi e Garabatto. A organización anunciou a data de venta de abonos para o vindeiro martes 23 de xaneiro na páxina web do festival.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.