
No resto dos casos a axuda será 50, 40 ou 30 por cento do custe do alugueiro, en función dos ingresos dos beneficiarios, garantir un funcionamento máis xusto e distributivo do programa.
Neste sentido e con carácter xeral, os ingresos da unidade de convivencia non poderán superar 3 veces o Iprem (25.200 /ano) e canto máis baixos sexan, maior será a porcentaxe da renda subvencionada. En todo caso, o tope elevarase ata 4 ou 5 veces o Iprem no caso de familias numerosas ou que teñan algún membro cunha discapacidade.
A nova convocatoria limita tamén o prezo do arrendamento das vivendas para as que se solicita a axuda en función do concello no que estean localizadas. En concreto, no caso das 7 cidades, onde os prezos son máis altos, a renda máxima queda fixada en 600 euros; nos concellos da zona 1, que agrupa as vilas e os municipios de carácter urbano, o límite será de 550 euros; e no resto de Galicia o arrendamento non superará os 425 euros.
As solicitudes da axudas presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cómpre salientar que, dado que estas axudas se convocan polo procedemento de concorrencia non competitiva, considerarase como data de entrada no rexistro da Xunta aquela na que estea completa a solicitude e toda a documentación.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.