
A Xunta colabora cun orzamento superior aos 150.000 euros coordinando accións relacionadas co fortalecemento do ecosistema e da cadea de valor, así como a capacitación. Tamén intervirá no desenvolvemento de pilotos demostrativos, xestión e coordinación, entre outras cuestións.
Na súa intervención, Fernández Vila, destacou as accións que desde a Xunta de Galicia se están realizando para impulsar o hidróxeno verde como o fomento do aproveitamento de novas fontes de enerxía, a creación dun hub de hidróxeno renovable, programas de formación e mesmo a próxima convocatoria de axudas destinadas a proxectos con gases de orixe renovable.
O director xeral asegurou que Galicia e o norte de Portugal teñen potencial, polo que deben aproveitar esta oportunidade para posicionarse como rexión referente en canto a xeración, almacenamento, consumo e tecnoloxías relacionadas co hidróxeno verde, o que permitirá avanzar no proceso de descarbonización, xerar un impacto positivo no tecido produtivo, mellorar a calidade de vida da cidadanía e reforzar a súa posición no eido enerxético sustentable.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.