
García Comesaña, subliñou que é fundamental que as comunidades autónomas participen de forma activa na redacción dos informes, para poder incorporar aspectos clínicos, asistenciais e económicos; e coa finalidade de que estes dean resposta ás necesidades na toma de decisións -tanto clínicas, como de xestión- no conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
Dun xeito unánime, o conxunto de representantes autonómicos solicitaron a inclusión do programa de colaboración coas Comunidades para a elaboración de Informes de Posicionamento Terapéutico (IPT) dos medicamentos dentro do Sistema Nacional de Saúde.
Un programa que o Ministerio de Sanidade retirara -na súa versión anterior-, e cuxo obxectivo é fortalecer o papel e a participación dos Servizos de Saúde na elaboración das IPT.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.