
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou ás partes interesadas os chamados stakeholders o proxecto RuralYouthFuture no que o Goberno galego participa e que está liderado pola Fundación Galicia Europa. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o emprego xuvenil entre a mocidade do rural e o desenvolvemento sostible destas zonas.
Ao encontro asistiron membros de distintos departamentos do Goberno galego e tamén da Cámara de Comercio de Santiago, da Universidade de Vigo, da Eurocidade Chaves-Verín, da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco e da asociación Amicos, que axudarán a nutrir este proxecto con boas prácticas e coa súa experiencia e coñecementos. A reunión serviu para dar a coñecer os detalles deste proxecto que foi elixido por Interreg Europe 2021-2027 e que terá 36 meses de duración, desde o mes 1 de marzo de 2023 ata o 28 de febreiro de 2027.
RuralYouthFuture enfocarase desde seis instrumentos políticos a escala municipal, rexional e nacional para facer fronte ao reto común de responder ás necesidades da xuventude nos territorios rurais, os cales están experimentando un crecente descenso da poboación. Contará coa participación de distintos socios de sete países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia e Bélxica. O proxecto conta cun financiamento de 1,6 millóns de euros, cofinanciado con fondos FEDER.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.