Noticias

Máis de 51.000 persoas presentan solicitude para cursar FP o vindeiro curso, un máximo histórico

A suba é xeneralizada en todas as modalidades, tanto ciclos ordinarios como FP Dual, FP Básica, FP a distancia ou másteres e especializacións. Cómpre ter en conta que cada persoa pode presentar solicitude ata en catro prazas en ciclos ordinarios ou FP Básica e dúas en másteres. No réxime de persoas adultas, tanto presencial como a distancia, pode haber ata catro peticións por centro e ciclo con ata 10 módulos cada unha. Como é habitual, a cifra final de matriculados efectivos será inferior á de solicitantes iniciais, xa que moitas persoas presentan ao mesmo tempo solicitudes para distintas opcións educativas, como poder ser cursar estudos universitarios ou ampliar a súa formación en Bacharelato ou mesmo comezar a traballar ao dispor xa dun título.

Un total de 51.454 persoas presentaron solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional en Galicia o vindeiro curso. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, durante unha visita ao Centro Integrado de FP Ferrolterra, onde asinou un convenio de colaboración co director xeral de Nervión Naval Offshore, Roberto Bouzas, para impartir cinco programas de FP Dual en dita comarca en colaboración con esta compañía.

Román Rodríguez adiantou esta cifra coincidindo coa publicación, no día de hoxe, das listaxes provisionais de solicitudes presentadas para a FP, logo de rematar o proceso a pasada semana. As máis de 51.000 persoas solicitantes supoñen, como subliñou o conselleiro en declaracións aos medios, “un máximo histórico que supera as xa de por si salientables cifras do ano pasado, cando se recibiron solicitudes de 48.939 persoas”. Polo tanto, estamos ante un incremento de máis de 2.500 persoas, é dicir, un 5% máis.

En opinión do titular de Educación da Xunta, que estivo acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, “estas cifras amosan a enorme confianza da cidadanía na FP galega, cunha reposta masiva á oferta deseñada para o vindeiro ano académico”. Precisamente, “confianza, prestixio e utilidade” son, para Román Rodríguez, os elementos que están a protagonizar o crecemento da FP na última década en Galicia, ao ofrecer cualificación e emprego aos máis novos e responder as necesidades do mercado.

Suba xeneralizada en todas as modalidades

A suba é xeneralizada en todas as modalidades, tanto ciclos ordinarios como FP Dual, FP Básica, FP a distancia ou másteres e especializacións. “Isto permítenos avanzar cara ese modelo de Formación Profesional á carta que atenda individualmente ao que cada galego precisa e, ao mesmo tempo, resolva as necesidades laborais de Galicia, garantindo a remuda xeracional e abrindo a porta a novas oportunidades de desenvolvemento”.

Cómpre ter en conta que cada persoa pode presentar solicitude ata en catro prazas en ciclos ordinarios ou FP Básica e dúas en másteres. No réxime de persoas adultas, tanto presencial como a distancia, pode haber ata catro peticións por centro e ciclo con ata 10 módulos cada unha. Como é habitual, a cifra final de matriculados efectivos será inferior á de solicitantes iniciais, xa que moitas persoas presentan ao mesmo tempo solicitudes para distintas opcións educativas, como poder ser cursar estudos universitarios ou ampliar a súa formación en Bacharelato ou mesmo comezar a traballar ao dispor xa dun título. Trátase dunha práctica habitual cada verán testada polos servizos administrativos.

Calendario de adxudicacións e matrícula

Agora ábrese o período de reclamación á listaxe provisional ata o vindeiro mércores, 12 de xullo ás 13,00 horas. A continuación, o 19 de xullo publicarase a listaxe definitiva de solicitudes e procederase á primeira adxudicación de prazas. Do 19 ao 24 de xullo, realizarase a primeira matriculación. A segunda fase de adxudicación e matriculación (do 27 ao 31 de xullo) e a terceira (do 1 ao 6 de setembro) seguirán un proceso similar que pode ser consultado por todas as persoas interesadas no Portal Educativo. Unha vez rematadas estas tres fases, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados.

Colaboración das empresas

Na súa vista a Ferrol, Román Rodríguez agradeceu a implicación de empresas como Nervión Naval Offshore, que colaboran co Goberno galego no impulso á FP Dual para que siga sendo un modelo referencial “e a primeira opción académica para moitos alumnos en Galicia”. Gabou tamén o traballo dos docentes e equipos directivos destes centros polo seu compromiso con estas ensinanzas máis prácticas e pegadas á realidade do mercado.

Durante o acto, no que tamén participou a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, o responsable autonómico de Educación celebrou que este novo acordo reforce a oferta académica dos concellos de Ferrol, As Pontes de García Rodríguez e Fene cunha modalidade “a medida das necesidades das empresas que permiten capacitar e preparar ao noso alumnado para os requirimentos dos sectores produtivos”.

R., 2023-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES