Desde o 22 de Febreiro O Rompetiño Jump incluiu na súa oferta de 2023 a posibilidade de utilizar o Bono Cultural para mercar as entradas do festival . Recordamos que O Bono Cultural Joven é unha axuda a quen cumpre 18 anos ao longo do ano 2022 para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais.
Por outra banda a organización do Rompe xa está ultimando os detalles para poder gozar do desconto do Carnet Xove para mercar as entradas. Estarán dispoñibles duascentas entradas con este desconto, polo que recomendamos estar atento a nosa conta de instagram para as novidades dos vindeiros días.
O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xenera encontros en torno ao directo.
Rompiente Clothing na súa aposta polo talento xoven, apoia ao Rompetiño Jump como plataforma de lanzamento artístico sobre un marco e un escenario inigualable.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.