Noticias

A exposición ArteNon achega a a mirada crítica de doce ilustradoras en torno á violencia de xénero

A exposición ArteNon recala este mes de marzo en Ferrol para achegar unha mirada crítica en torno ao concepto da violencia de xénero. A exposición, que ven de recorrer as outras seis cidades galegas, está composta por doce pezas gráficas materializadas na forma da palabra NON e acompañadas dunha referencia biográfica de cada unha das artistas xunto cunha sinopse da obra. As autoras das ilustracións son Andrea López, Candela Piñeiro, Alicia Suárez, Julia Gema, Eva Carballeira, Aurora Cascudo, Paula Cheshire, Paula Mayor, Abi Castillo, Idoa de Luxán, Lara Torres e Laura Tova.

A exposición ArteNon, promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, recala este mes de marzo en Ferrol para achegar unha mirada crítica en torno ao concepto da violencia de xénero. A delegada territorial, Martina Aneiros, inaugurou esta mañá na sede da Delegación a mostra que integra a visión artística contra a violencia de xénero de doce ilustradoras do panorama galego.

Aneiros puxo en valor o traballo destas artistas “de diferentes idades e experiencias á hora de empregar a arte como altofalante da reivindicación da igualdade de xénero e como empoderamento feminino contra as agresións machistas”.

A exposición, que ven de recorrer as outras seis cidades galegas, está composta por doce pezas gráficas materializadas na forma da palabra NON e acompañadas dunha referencia biográfica de cada unha das artistas xunto cunha sinopse da obra. As autoras das ilustracións son Andrea López, Candela Piñeiro, Alicia Suárez, Julia Gema, Eva Carballeira, Aurora Cascudo, Paula Cheshire, Paula Mayor, Abi Castillo, Idoa de Luxán, Lara Torres e Laura Tova.

“A violencia de xénero só pode admitir a repulsa como resposta, tanto por parte dos poderes públicos como da sociedade que, en conxunción, deben avanzar con paso firme polo camiño da igualdade”, sentenciou Aneiros. A delegada territorial destacou o traballo da Xunta, a través do Observatorio galego contra a Violencia de Xénero, á hora de combater este problema social e desenvolver o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, dentro do que se enmarca esta exposición.

A mostra permanecerá exposta na sede da Delegación Territorial de Ferrol ata o próximo 9 de marzo para, posteriormente, trasladarse ao centro comercial Dolce Vita Odeón (Narón) e finalizar o seu itinerario pola comarca ferrolá no Centro de Formación Ocupacional de Caranza.

R., 2023-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES