
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salienta a importancia dos programas internacionais de intercambio docente no marco do Eramus+ como unha ferramenta fundamental para a mellora da formación do profesorado e a súa repercusión na calidade do noso sistema educativo. Isto -afirmou- ten un dobre beneficio para Galicia: por unha banda familiarizarse con novos modelos pedagóxicos e, por outro, exhibir a excelencia e a singularidade que posúe o noso sistema educativo.
Así o asegurou no Encontro Internacional Erasmus+ que entre hoxe e mañá congrega en Ferrol uns 300 docentes de nove países distintos para debater e explorar distintas vías formativas en ámbitos como a inclusión, a internacionalización, as novas tecnoloxías ou o plurilingüismo a través de charlas, mesas redondas e obradoiros.
O titular de Educación do Goberno galego subliñou que a promoción e o reforzo da dimensión internacional é unha das liñas formativas prioritarias da Xunta, que leva anos traballando nunha maior presenza nestes programas Erasmus. Esta -apuntou o conselleiro- supuxo unha das maiores fiestras de oportunidade para coñecer novos modelos educativos e, ao mesmo tempo, poñer en valor a nosa visión desde Galicia.
Preto de 300 centros educativos participaron o pasado curso en distintas actividades de mobilidade no marco do Erasmus+ con proxectos no entorno escolar, no ámbito da educación para persoas adultas e no da Formación Profesional. En concreto na FP, Galicia destaca entre as tres comunidades autónomas con proxectos propios.
Canto ás temáticas, as áreas máis demandadas á hora de desenvolver iniciativas no estranxeiro son as de inclusión e diversidade, a transformación dixital, o medio ambiente e a sustentabilidade.
Finalmente o conselleiro loou o papel tractor que desempeña o Centro de Formación do Profesorado de Ferrol no Erasmus+, que se traduce na participación activa de máis do 90% dos centros educativos de Ferrolterra nalgunha das distintas iniciativas desenvolvidas ao abeiro do mesmo.
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.