
Durante a súa participación na reunión do xurado que concede estes distintivos, presidido polo presidente de Adeac, José Palacios, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, salientou que Galicia presenta un total de 35 candidaturas, das que 22 corresponden á provincia de Pontevedra, 7 á da Coruña, e 6 á de Lugo. A nivel estatal, preséntanse un total de 106 candidaturas en 20 provincias cunha extensión total de 589 quilómetros.
Do Campo puxo en valor que unha de cada tres candidaturas españolas corresponde a un sendeiro galego e incidiu en que o obxectivo é revalidar ou, se cabe, mellorar, o resultado obtido na pasada edición destes galardóns, cando se converteu na Comunidade española co maior número de distintivos deste tipo -29 itinerarios pertencentes a 19 municipios e cunha extensión total de máis de 220 quilómetros-. De feito, nesta ocasión presentan a súa candidatura 6 novos sendeiros -3 de Pontevedra, 2 de Lugo e 1 da Coruña-.
Cómpre salientar que a Bandeira Sendeiro Azul, que se entregará antes da Semana Santa de 2023, premia e recoñece a recuperación e posta en valor de sendeiros e itinerarios mediante a súa transformación en contornas respectuosas, resilientes e sostibles.
Nesa liña, os principais obxectivos desta iniciativa inclúense o fomento da conectividade ecolóxica e a restauración ambiental; a contribución coa análise de fontes cartográficas e de datos á planificación e xestión de zonas naturais; o fortalecemento da coordinación entre as administracións con competencias nestes espazos; a integración transversal de aspectos económicos, ambientais e sociais, e a mellora do coñecemento e sensibilización ambiental.
Ademais, realízase unha revisión periódica dos seguintes aspectos: características das sendas e trazados; estado da información, sinaléctica e infraestruturas; conservación e xestión do patrimonio natural e cultural, e uso público e desfrute.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.