Noticias

Galicia mantén a tendencia á diminución da incidencia do VIH, con 4,8 casos por 100.000 habitantes no ano 2021

Nos últimos oito anos estase a apreciar unha tendencia á diminución da incidencia do VIH en Galicia. Así, no período 2004-2021 a indicencia media anual foi de 6,4 casos por cada 100.000 habitantes, situando á Comunidade por debaixo da media española, próxima aos 10 casos por 100.000 habitantes no mesmo período. No ano 2021, a incidencia foi de 4,8 infeccións por 100.000 habitantes, fronte aos 5,7 por 100.000 habitantes de 2019. Fronte ao VIH, a estratexia fundamental é a prevención, xa que a día de hoxe aínda se carece dunha vacina preventiva ou dun tratamento curativo para evitar unha infección e dado que o 80% das transmisións se producen por vía sexual.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, clausurou hoxe o acto de conmemoración do Día Mundial da Sida, que tivo lugar no salón de actos da Consellería de Sanidade, organizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS). No acto, ademais de diversas conferencias de profesionais médicos e representantes das entidades sociais, entregáronse os premios de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual 2022. Estiveron tamén presentes a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

O titular de Sanidade galga destacou que Galicia deu pasos moi importantes nos últimos anos no ámbito da Saúde Pública para combater as infeccións de transmisión sexual, con exemplos recentes como o actual Plan galego anti-VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual, ou a recén aprobada Estratexia para a eliminación da hepatite C como problema de saúde pública en Galicia, que adianta en catro anos o obxectivo proposto pola OMS.

O conselleiro destacou que, nos últimos oito anos, estase a apreciar unha tendencia á diminución da incidencia do VIH en Galicia. Así, no período 2004-2021 a indicencia media anual foi de 6,4 casos por cada 100.000 habitantes, situando á Comunidade por debaixo da media española, próxima aos 10 casos por 100.000 habitantes no mesmo período.

García Comesaña resaltou que, no ano 2021, a incidencia foi de 4,8 infeccións por 100.000 habitantes, fronte aos 5,7 por 100.000 habitantes de 2019.

O conselleiro remarcou que fronte ao VIH, a estratexia fundamental é a prevención, xa que a día de hoxe aínda se carece dunha vacina preventiva ou dun tratamento curativo para evitar unha infección e dado que o 80% das transmisións se producen por vía sexual. Neste senso, García Comesaña subliñou que a Xunta de Galicia concentra a súa acción en tres frontes: a prevención, a detección precoz e o tratamento e acompañamento aos pacientes.

Prevención, detección precoz e tratamento

No ámbito da prevención, o Goberno galego leva a cabo campañas de divulgación para promover o sexo seguro, mediante a difusión de mensaxes preventivas e con recursos de información a través das aplicacións e das redes sociais e tamén mediante a distribución de material divulgativo en centros educativos, sanitarios, os centros Quérote+ e en colaboración con numerosos concellos e entidades sociais. 

Neste eido, o conselleiro tamén destacou o programa Xente con Don, que ofrece formación nos centros educativos. Así como o programa de promoción do preservativo, mediante o que se distribúe de balde este material. E o programa de Profilaxis Pre-Exposición ao VIH en Galicia, destinado a protexer á poboación con risco máis elevado de adquirir a infección. 

No ámbito da detección precoz, o conselleiro remarcou o lema da campaña deste ano “Anticípate ao VIH, fai a proba.” que pon no foco a necesidade de contar cun diagnóstico canto antes, para obter o máximo beneficio dos avances no tratamento da infección por VIH. Neste sentido, no 2011 a Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de probas rápidas, dispoñibles de xeito gratuito, anónimo e accesible nas catro provincias galegas nos centros Quérote+ e en diferentes entidades que colaboran con Sergas. A posta en marcha deste programa posibilitou que en dez anos se realizasen preto de 9.000 probas rápidas, que permitiron detectar máis de 136 casos.

No ámbito do tratamento, o conselleiro destacou que desde 2009 Galicia destinou máis de 50 millóns de euros anuais na atención a pacientes galegos infectados polo VIH, dos cales o 60% destínanse a fármacos antirretrovirais. Unha investimento que fai posible que o 100% das persoas diagnosticadas teñan garantido o acceso ao tratamento e seguimento sanitario que precisen, que fan posible que as persoas podan vivir con VIH de maneira crónica e cunha calidade de vida moi similar ao de calquera outra persoa non infectada. En 2020 foron un total de 5.725 galegos os que se atopaban a tratamento antirretroviral

Por último, García Comesaña fixo mención ao apoio da Xunta ao labor das entidades sociais, posto que son as que mellor coñecen a realidade dos colectivos con maior risco de contraer a infección. Neste sentido, nos últimos 13 anos, a Administración galega destinou máis de 2,6 millóns de euros en axudas a 30 entidades privadas sen ánimo de lucro de Galicia, unha cantidade ampliada este ano en máis de 900.000 € ata superar os 3,5 millóns de euros en axudas. Axudas que serven a estas entidades que colaboran coa Xunta de Galicia para desenvolver programas de prevención, concienciación e sensibilización.

R., 2022-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES