Noticias

Os servizos de anxioloxía e cirurxía vascular do Sergas rexistran os mellores tempos de espera do Sistema Nacional de Saúde

O Servizo Galego de Saúde destácase como o mellor sistema sanitario de España no que atinxe ás listas de espera na especialidade de Anxioloxía e Cirurxía Vascular. Segundo os datos publicados no derradeiro informe do Ministerio de Sanidade sobre a situación das listas de espera no Sistema Nacional de Salud a 30 de xuño de 2022, a especialidade cirúrxica de Anxioloxía e Cirurxía Vascular rexistra unha espera media de 53 días, moi por debaixo das restantes comunidades autónomas, 16 días menos de espera que a comunidade de Navarra, que é a segunda, 23 días menos que a terceira, que é Baleares, e 277 días menos que a comunidade con máis demora.

Así mesmo, en Cirurxía Maxilofacial, Galicia ocupa o segundo mellor dato, con 65 días de espera media, tan so detrás do País Vasco, con 50 días, e 128 días menos que a comunidade con máis demora.

Ademais, de acordo coa información sobre listas de espera, o sistema sanitario público galego sitúase como o cuarto con mellores tempos de espera media para acceder a unha intervención cirúrxica, dentro do Sistema Nacional de Saúde.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo realizado polos profesionais do Servizo Galego de Saúde e lembra que estes datos reflicten o esforzo realizado durante todo o ano polos equipos de profesionais de quirófano, cirurxiáns, persoal de enfermaría e celadores, entre outros. A Consellería de Sanidade segue a traballar na procura de acadar os datos de lista de espera históricos do ano 2019.

R., 2022-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.
Foto de la tercera plana (escenasdocambio-2026.png) Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, que rescata saberes ancestrais de líderes nativos das primeiras nacións americanas.

Notas

A National Aeronautics and Space Administration, NASA, confirmaba o pasado martes de xeito oficial que o 1 de abril será a primeira data na que se intentará lanzar desde o Centro Espacial Kennedy de Florida Artemis II, a primeira misión lunar tripulada desde 1972. 'Podo confirmar que todo está en orde e non hai ningún impedimento para o lanzamento de Artemis, se as condicións meteorolóxicas o permiten', afirmou a viceadministradora e responsable de exploración espacial da axencia espacial estadounidense, Lori Glanze.
A iniciativa, que este ano desenvolve a súa terceira edición, está promovida por CLARIAH-GAL, o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura que reúne especialistas de diferentes institucións do Estado español co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de recursos, ferramentas e metodoloxías dixitais para a investigación en humanidades, artes e ciencias sociais, no marco dos consorcios europeos CLARIN e DARIAH.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES