Noticias

O festival Sonrías Baixas recupera o gran formato ao reunir a Tanxugueiras, Kase.o, Rayden, Jazzwoman, Cool Nenas e la M.O.D.A

O SonRías Baixas de Bueu recupera neste 2022 o seu gran formato e ofreceralle ao público entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de nomes destacados do panorama musical actual. O SonRías Baixas dividirá en tres xornadas o seu programa, que inclúe unha cifra significativa de mulleres para continuar un ano máis coa súa decidida aposta para fomentar unha industria musical igualitaria en Galicia. O festival abrirá na noite do xoves cos concertos de Delaporte, Sofía Gabanna, JazzWoman e Cool Nenas, que subirán ao escenario nun día en que tamén actuarán o rapeiro Rels B e Maurino.

O SonRías Baixas de Bueu recupera neste 2022 o seu gran formato e ofreceralle ao público entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de nomes destacados do panorama musical actual, para o que conta co apoio da Xunta a través da marca FEST Galicia e das súas axudas á organización de eventos musicais. O festival, promovido pola produtora PlayPlan, é un dos 21 beneficiarios desta liña de subvencións á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina este ano 350.000 euros para apoiar encontros musicais de carácter profesional considerados estratéxicos.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación do SonRías Baixas, que tivo lugar no peirao da praia de Beluso, xunto aos directores do festival, Jordi Lauren e Berta Domínguez, e representantes doutras institucións patrocinadores. Sutil destacou na súa intervención a riqueza e a potencia dun programa que encaixa á perfección cos principios que transmite FEST Galicia, marca de calidade coa que o Goberno galego exporta a nosa Comunidade como un lugar de referencia no ámbito musical a través de festivais que, ademais de transmitir unha imaxe profesional, achéganlle unha serie de atractivos engadidos á experiencia musical.

Tres noites de concertos

O SonRías Baixas dividirá en tres xornadas o seu programa, que inclúe unha cifra significativa de mulleres para continuar un ano máis coa súa decidida aposta para fomentar unha industria musical igualitaria en Galicia. Así, o festival abrirá na noite do xoves 4 de agosto cos concertos de Delaporte, Sofía Gabanna, JazzWoman e Cool Nenas, que subirán ao escenario nun día en que tamén actuarán o rapeiro Rels B e Maurino.

Tras un primeiro día centrado nos ritmos urbanos e en grupos emerxentes, continuará o venres 5 co seu habitual espírito festivo grazas ao regreso de Kase.O —que volve a Bueu no marco da xira do 10º aniversario de Jazz Magnetism— e os concertos que ofrecerán Rayden, Ciudad Jara, Buhos, Bala e Emlan. O cartel desta segunda xornada inclúe a García MC & Nación Quilombo, o proxecto actual dos dos grandes referentes do hip-hop galego.

Ao día seguinte, Tanxugueiras serán as grandes protagonistas do peche da edición deste ano. O trío formado por Aida Tarrío e as irmás Sabela e Olaia Maneiro estará acompañado por La M.O.D.A., que presentará o seu traballo Nuevo cancionero burgalés; Arnau Griso, que dará o seu concerto de despedida co público galego, e Sara Hebe, que terá en Bueu a súa única parada en Galicia deste ano. Eskorzo, Balkan Paradise Orchestra e Suu serán os outros tres nomes reservados para a derradeira noite do festival.

As sesións de Grande Amore e La Duendeneta completarán o cartel de SonRías Baixas, cuxos abonos a prezo reducido e as entradas para cada unha das xornadas están a venda xa a través do seu portal web (www.sonriasbaixas.info). Coa compra do abono para os tres días inclúese de forma gratuíta a zona de acampada, á que se accederá pola rúa Pazos Fontenla e que disporá de todos os servizos básicos para garantir a comodidade do público.

R., 2022-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-sabemos.jpg) A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.

Notas

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Barrié presentaron o ALGa dixital, unha nova plataforma web que pon ao alcance da comunidade investigadora e universitaria e da cidadanía en xeral unha parte substancial dos materiais do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). No acto participaron a reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias; a directora do Instituto de Lingua Galega (ILG), Elisa Fernández, e o director do proxecto, o profesor Xulio Sousa.
A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, principal infraestrutura de investigación do Centro de Investigación Mariña da UVigo, acolle as V Xornadas Internacionais de Xenética en Acuicultura, un encontro que reúne especialistas de España e Iberoamérica para analizar os principais desafíos da acuicultura desde unha perspectiva que integra a innovación, a biodiversidade e o benestar animal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES