Noticias

A nova convocatoria da BFAero contará cun enfoque máis internacional na busca de sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia

O 15 de xuño abre a nova convocatoria da BFAero cun enfoque máis internacional e na busca de sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia. Deste xeito, dáse continuidade á colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo para desenvolver dúas novas edicións, a cuarta e a quinta, cun investimento total de 7,2M€ co que se pretende apoiar 25 empresas do sector. O obxectivo é potenciar o ecosistema tecnolóxico cun enfoque máis internacional e maximizar as sinerxías entre a aceleradora e o Polo Aeroespacial de Galicia, facendo da BFAero un referente na Unión Europea de innovación aberta e disruptiva no sector.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Oleiros as instalacións de Aeromedia, onde avanzou que o 15 de xuño abre a nova convocatoria da BFAero cun enfoque máis internacional e na busca de sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia.

Deste xeito, dáse continuidade á colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo para desenvolver dúas novas edicións, a cuarta e a quinta, cun investimento total de 7,2M€ co que se pretende apoiar 25 empresas do sector. O obxectivo é potenciar o ecosistema tecnolóxico cun enfoque máis internacional e maximizar as sinerxías entre a aceleradora e o Polo Aeroespacial de Galicia, facendo da BFAero un referente na Unión Europea de innovación aberta e disruptiva no sector.

A nova convocatoria contará cunha fase de incubación de 12 meses, dirixida fundamentalmente a proxectos de emprendemento no sector aeroespacial -tanto spin offs, como start ups e spin outs- e unha fase de aceleración de oito meses para empresas xa existentes con alta capacidade de crecemento. Como novidade establécese unha nova fase de consolidación de catro meses para empresas galegas da industria aeroespacial cunha antigüidade máxima de ata sete anos.

A aceleradora xa favoreceu, nas súas tres primeiras edicións, a participación de 19 empresas, a creación de oito e un investimento de 5M€.

O vicepresidente económico destacou a participación de Aeromedia no Polo Aeroespacial de Galicia en diferentes proxectos cun orzamento superior aos 500.000 euros, así como na BFAero, onde desenvolveu unha spin out, Generadron, dedicada á inspección de aeroxeradores e de plataformas offshore. Por iso destacou que a traxectoria de compañías como Aeromedia anima á Xunta a seguir impulsando este sector para consolidar o desenvolvemento industrial de Galicia e a xeración de emprego de calidade.

Conde puxo en valor o labor de Aeromedia, que conta cunha década de experiencia no sector dos vehículos aéreos non tripulados e cunha carteira de servizos para diferentes administracións, tamén a nivel internacional. Destacan os traballos de topografía nas zonas afectadas pola erupción do volcán na Illa da Palma; os servizos de vixilancia aduaneira no Ministerio de Facenda ou a colaboración co Inta en proxectos como CanSat.

R., 2022-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES