
O proxecto recibiu un financiamento de case cinco millóns de euros, dos cales, 653.000 cubrirán a parte correspondente á USC.
O obxectivo de MISEL é resolver problemas de recoñecemento de obxectos e accións en vídeo, tales como detección de anomalías vehículos en zonas peonís, drons nas proximidades de aeroportos, animais na calzada..., ou diferenzas entre paxaros e UAVs, entre outras aplicacións. Os investigadores esperan poder resolver este tipo de problemas a nivel do propio dispositivo, un sistema específico unha cámara multiespectral que se deseñará e fabricará no marco deste proxecto.
Tres engrenaxes chave
Trátase dunha ambiciosa iniciativa fundamentada sobre tres eixos, explica o investigador da USC Víctor Brea, responsable da achega española ao proxecto. En primeiro lugar, a nivel de dispositivo, porque imos deseñar e fabricar integramente un modelo específico de cámara multiespectral, con sensores de puntos cuánticos. Ademais, este dispositivo contará tamén con memorias ferroeléctricas de propósito específico para o almacenamento dos datos, creadas igualmente polos socios de MISEL, sinala Brea.
O segundo eixo é a circuitería, prosegue, cando capturemos as imaxes, procesaremos eses sinais mediante redes neuronais espazo-temporais, como paso previo á toma de decisións. Neste punto radica outras das singularidades de MISEL xa que é importante salientar que as nosas cámaras procesarán información pura, porque non traballarán con imaxes convencionais senón con eventos, ou o que é o mesmo: situacións concretas que o sistema extraerá automaticamente. Brea sinala as vantaxes dos eventos sobre as imaxes convencionais ao traballar directamente con eventos conseguimos un maior rango dinámico, isto é, maior capacidade para capturar escenas pouco iluminadas, e, sobre todo, menos latencia, algo crucial para permitir que o procesado teña lugar a maior velocidade, argumenta.
Finalmente, a terceira e última parte chave do proxecto é o deseño de redes neuronais espazo-temporais específicas, adaptadas ao pequeno espazo do que dispoñen na cámara multiespectral, cun hardware limitado. O reto é crear un circuíto integrado de pequeno peso, pequeno tamaño e, sobre todo, baixo consumo de potencia, por baixo dun vatio, para tirar proveito todo o posible da reducida capacidade de cómputo, conclúe o investigador.
Víctor Brea quixo transmitir, asemade, o seu entusiasmo polo novo proxecto xa que MISEL é, ao mesmo tempo, unha satisfacción enorme, un reto maiúsculo, e unha oportunidade de crecer tanto a nivel persoal como de grupo de investigación, e iso fai que todo cambie, afirmou. Estou especialmente encantado con este proxecto pola oportunidade de traballar con VTT e Kovilta Oy, ambos os dous de Finlandia, onde traballan investigadores cos que teño unha relación de amizade, forxada ao longo de máis de 20 anos de estancias de investigación e congresos internacionais.
Pola súa banda, Paula López, directora adxunta do CiTIUS e compañeira de Brea no Grupo de Visión Artificial, resaltou a importancia do proxecto para o centro, afirmando que este proxecto sitúanos nun escenario internacional de máxima relevancia na temática de sistemas intelixentes no bordo, concretamente no deseño de tecnoloxías intelixentes embebidas en sistemas micro e nanoelectrónicos, no que se coñece como Intelixencia Artificial das Cousas (AIoT).
O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para reforzar o acompañamento psicolóxico aos estudantes. Este acordo, dotado con 60.000 euros, dá continuidade ao xa asinado en 2025, un ano no que se os dispositivos de acompañamento psicolóxico das universidades públicas galegas atenderon 370 alumnos.