
O comportamento dos viaxeiros neste mes amosa, ademais, un aumento do tempo que deciden permanecer en Galicia xa que a estadía media medrou un 7,6%. Ademais, a nivel de mercado, obsérvase un destacado comportamento do turismo de proximidade, xa que o mercado interno absorbe case a metade das noites hoteleiras de xuño, cando o ano pasado representaba só o 22% do total.
Desde o pasado mes de maio, coincidindo co progresivo levantamento das limitacións de mobilidade, a actividade turística en Galicia está a dar os seus primeiros síntomas de reactivación. Ademais das cifras de turistas, tamén o demostra o feito de que cada vez son máis os negocios hoteleiros que abren as súas portas. En maio reanudaron a súa actividade 225 establecementos hoteleiros, fronte aos 630 que o fixeron en xuño. Isto conlevou, un notable crecemento do número de viaxeiros pasando de 5.019 de maio a 56.875 en xuño.
Reactivación do sector
Ante a difícil situación que está a atravesar o sector turístico no actual contexto sanitario, é fundamental a colaboración público-privada. Neste sentido, a Xunta e o sector levan meses traballando en varias liñas simultáneas no marco do Plan de Reactivación do sector turístico que inclúen medidas como o Galicia destino seguro, dotado con 8M, con accións de formación, axudas para a súa adaptación, un servizo de asesoramento e diferentes colaboracións con asociacións profesionais para impulsar novos produtos adaptados.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.