
A Filmoteca de Galicia súmase á celebración dos 20 anos de Cinema en Curso cun ciclo conmemorativo arredor deste programa internacional de pedagoxía do audiovisual, coordinado na nosa Comunidade pola cinemateca da Xunta, durante o que a sala José Sellier da Coruña recibirá diferentes cineastas vinculados a esta iniciativa de creación e mediación artística. Baixo o título Compartir o cinema. 20 anos de Cinema en Curso, o especial arrancará mañá martes, ás 19,00 horas, cunha primeira sesión na que intervirán Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos López e Ángel Santos, catro dos profesionais galegos que veñen colaborando coa Filmoteca de Galicia na titorización dos filmes realizados polo alumnado de primaria e secundaria dos diferentes centros escolares que, en cada novo curso escolar, participan nesta iniciativa.

O sistema sanitario público galego será o primeiro de España en contar cun centro de protonterapia de titularidade pública. A Xunta está a impulsar a oncoloxía radioterápica no sistema sanitario público galego, coa dotación de novos aceleradores lineais para os Hospitais Públicos de Pontevedra e Ourense e puxo en valor a futura posta en marcha, no último trimestre de 2026, do Centro de Protonterapia de Galicia, que permitirá tratamentos máis precisos e menos invasivos. Esta actuación enmárcase nun acordo coa Fundación Amancio Ortega para a implantación da protonterapia en España.