
Ao longo das dúas xornadas proxectaranse curtametraxes distribuídas en tres seccións adaptadas ás idades dos espectadores miúdos: Vagalumes para bebés de 0 a 3 anos Miñocas máis de 3 anos e Fanecas máis de 7 anos. Ademais, contarase cunha cuarta sección que baixo o título Carta Branca. Clermont-Ferrand ofrecerá unha escolla especial para Pequefilmes das mellores películas seleccionadas nas pasadas edicións do prestixioso festival francés de curtametraxes.
Premios do público
Tras o visionado das curtas, será o público o encargado de outorgar coas súas votacións os dous premios do Festival nas seccións Miñocas e Fanecas aos mellores traballos exhibidos. Con esta participación, Pequefilmes ofrécelles aos cativos vivir a experiencia de que o seu criterio sexa valorado á vez que se fomenta neles unha ollada crítica e curiosa, semente de futuros cinéfilos..
Obradoiros
A programación incluirá tamén obradoiros nos que os pequenos e pequenas descubrirán coas súas propias mans o funcionamento do cinema de animación dunha forma lúdica e práctica. Nestas actividades, todos os membros da familia compartirán a aprendizaxe de técnicas e conceptos fundamentais no proceso da creación cinematográfica e da animación, experimentando xuntos para rodar unha pequena animación en stop motion ou na construción dun proxector de cine caseiro.
Con esta oferta integral, abarcando todas as etapas da infancia, ofrécese a través dos obradoiros e das curtas seleccionadas unha pluralidade de temas, puntos de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais e éticos sen perder de vista nunca o divertimento, e adaptadas aos diferentes intereses e gustos dos máis pequenos da casa.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.