Noticias

A Rede de bibliotecas de Galicia medra coa incorporación de centros bibliotecarios públicos de 10 concellos

Os centros bibliotecarios públicos municipais dos concellos de Cerdedo-Cotobade, Dumbría, Lousame, A Pastoriza, Portas, Entrimo, Guitiriz, Muras, Muros e San Cristovo de Cea son os que se incorporan ao Rexistro de bibliotecas de Galicia. A inscrición no Rexistro de Bibliotecas de Galicia é o paso previo á integración na Rede de Bibliotecas, que lles permitirá ter obter acceso a axudas e subvencións e ao Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria KOHA xa nos primeiros días de 2020. O persoal bibliotecario poderá participar nos programas de formación que convoca anualmente a Consellería de Cultura e Turismo para incrementar a calidade dos servizos que prestan aos usuarios.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde que resolve a inscrición de centros bibliotecarios públicos municipais dos concellos de Entrimo, Guitiriz, Muras, Muros e San Cristovo de Cea no Rexistro de bibliotecas de Galicia. Todos eles, e en virtude doutra orde tamén publicada nesta xornada no DOG, tamén se integrarán na Rede de bibliotecas de Galicia, xunto aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Dumbría, Lousame, A Pastoriza e Portas.
A inscrición no Rexistro de Bibliotecas de Galicia é o paso previo á integración na Rede de Bibliotecas, que lles permitirá ter obter acceso ás axudas e subvencións que anualmente convoca a Consellería de Cultura e Turismo tanto para adquisición de fondos para bibliotecas como para actividades de dinamización que fomenten a animación á lectura. Así mesmo, terán acceso ao Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria KOHA xa nos primeiros días de 2020, a excepción dos casos de Dumbría e Lousame que precisarán realizar un proceso de migración automatizada de datos.

Cómpre destacar que o persoal bibliotecario poderá participar nos programas de formación que convoca anualmente a Consellería de Cultura e Turismo para incrementar a calidade dos servizos que prestan aos usuarios.

Coa integración destes servizos bibliotecarios na Rede de Bibliotecas de Galicia cúmprese o obxectivo de que todas as bibliotecas públicas municipais de Galicia que estean activas se atopen en igualdade de condicións á hora de accedes ás axudas públicas así como a todos os recursos que ofrece a Administración autonómica á local neste ámbito. Nestes momentos trabállase para que todos os servizos bibliotecarios municipais de Galicia conten co sistema KOHA no 2020, dando cobertura territorial total á implantación do carné único das bibliotecas públicas de Galicia e ao acceso á biblioteca en liña para o préstamo de libro dixital e de audiovisuais galegos, GaliciaLe.

R., 2019-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES