Luz Casal, o embaixador da República de Corea en España e os irmáns Vilas, honoríficos dos Premios Galicia de Turismo 2019
O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia decidiron outorgar os tres recoñecementos honoríficos dos Premios Galicia de Turismo na súa primeira edición a: Luz Casal, que recollerá o galardón como Embaixadora Nacional 2019; Hong-jo Chun, embaixador da República de Corea en España, premio Embaixador Internacional; e os hosteleros Ramón e Francisco Vilas, recoñecidos como Pioneiros. O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia consideran que a cantante Luz Casal representa o sentimento de orgullo pola terra e que coa súa sólida e recoñecida traxectoria artística contribuíu en boa maneira a difusión da marca Galicia por todo o país.

Ademais, e a través da organización do Festival da Luz, celebrado na súa localidade natal, Boimorto (A Coruña), Luz Casal axuda a promoción dun turismo sostible, responsable e respectuoso co medio ambiente e as persoas.
Galicia é un destino turístico moi recoñecido e valorado na República de Corea, sendo un dos países en todo o mundo que máis visitantes trae a nosa Comunidade. Concretamente, ó Camiño de Santiago encheuse de peregrinos surcoreanos nos últimos anos pese aos máis de 10.000 quilómetros que separan Seúl da capital compostelana. Como embaixador da República de Corea en España, Hong-jo Chun destaca pola súa contribución á difusión de Galicia como destino turístico.
O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia queren recoñecer tamén nesta primeira edición dos premios o traballo que a familia Vilas, e máis concretamente os irmáns Moncho e Paco Vilas, realizaron para consolidar a reputación dun restaurante, Casa Vilas, que se converteu nun referente de Galicia no mundo e durante máis de un século deu de xantar aos persoaxes máis destacados da sociedad española e internacional.
Estes galardóns, unha representación do Ara Solis de Fisterra obra do artesán Jose Maria Mayer Segade, e realizados coa colaboración de Artesanía de Galicia, serán entregados xunto cos outros seis correspondentes as categorías Escenario, Vangarda, Patrimonio, Promoción, Evento e Sostibilidade o vindeiro 3 de decembro nunha cerimonia que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Os Premios Galicia de Turismo son o máximo recoñecemento que outorga a industria turística a persoas, institucións e entidades polo seu traballo a prol da consolidación de Galicia como destino turístico acolledor, contemporáneo, innovador, de calidade e respectuoso co medio ambiente natural. Nacen en 2019 con vocación de continuidade e para ser concedidos cunha periodicidade anual polo Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia nun esquema de colaboración público privado integrado na planificación estratégica do desenvolvemento turístico da Comunidade.
R., 2019-11-22
Actualidad

O conselleiro Román Rodríguez visitou co catedrático de Biotecnoloxía da Universidade de Pensilvania, o galego César de la Fuente, o Centro de Supercomputación de Galicia para firmar un convenio de colaboración entre a Xunta e esta institución académica estadounidense. Durante a visita, o investigador, pioneiro no emprego da IA para o desenvolvemento de antibióticos, puido coñecer as instalacións do centro co que colaborarán para acelerar o descubrimento de antibióticos fronte a bacterias resistentes.

A nova estratexia establece cinco grandes obxectivos para os próximos cinco anos. O primeiro deles é impulsar a creación de novas empresas e o crecemento das que xa existen no ámbito do aeroespazo, da seguridade e da defensa. Na actualidade a Comunidade galega suma 115 centros de traballo xa dedicados ao sector, pero nos vindeiros anos esta cifra podería incrementarse, xa que unhas 150 empresas contan con potencial para incorporarse a este ámbito industrial. O segundo dos obxectivos busca que as industrias que operan neste ámbito diversifiquen a súa produción.
Notas
Baixo o lema de 'Outra ciencia é posible', a Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET) e a Sociedade Ibérica de Ecoloxía (Sibecol) reunirán entre o 2 e o 5 de xuño máis de 800 investigadoras e investigadores no Pazo da Cultura de Pontevedra, co propósito de debater sobre como, desde o campo da ecoloxía, pode promoverse un futuro máis inclusivo e sostible para a investigación científica.
O Campus Terra da USC será campus de especialización por catro anos máis. Así se acordou no Consello da Xunta que este luns 12 se desenvolveu no Pazo de Montenegro. A decisión tómase logo da visita, a comezos de ano, dun Comité Avaliador que percorreu distintos centros da sede universitaria luguesa, ademais de participar en xuntanzas con grupos de investigación, empresas ou colectivos de mocidade investigadora, entre outros.