
Así, choveu un 62% menos do habitual para esta época do ano e de feito, hai que remontarse ata o ano 2006 na serie histórica para atopar un precedente menos húmido. As precipitacións, de feito, quedaron moi por debaixo das agardadas para maio e tan só se rexistraron dous períodos de chuvia, coincidindo co comezo e a metade do mes.
En canto ás temperaturas, non se rexistraron grandes anomalías en comparación coa serie histórica; a temperatura media en maio estivo 0,97 graos por riba dos valores agardados o que permite concluír que foi un mes, en xeral, cálido. En todo caso, segundo se desprende do informe de MeteoGalicia, a situación non foi homoxénea, observándose un contraste notable entre a provincia de Pontevedra, onde as anomalías foron bastante máis altas (2,6 graos por riba do normal), e a de Lugo, con zonas como a Mariña Central onde os valores medios estiveron incluso por debaixo do habitual.
Os episodios de calor e seca, en todo caso, combináronse con momentos puntuais invernais. Así, alternáronse situacións de frío acompañadas dalgunhas chuvias -durante a segunda semana do mes e coincidindo tamén coa ponte das Letras Galegas-, con outros períodos anticiclónicos e marcados polas altas presións e a estabilidade sobre todo coincidindo co inicio e a última semana do mes.
Esta circunstancia contribuíu a que maio se caracterizase tamén polos cambios bruscos de tempo, aínda que houbo un predominio dos episodios nos que os termómetros acadaron valores máis propios do verán, polo que as medias acabaron sendo máis elevadas do esperado tendo en conta a serie histórica.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.