
Como explicou Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Audiovisuais (Agadic), o proxecto foi adxudicatario en 2017 de 260.000 euros na convocatoria de axudas a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, na modalidade de longametraxes, series e miniseries de televisión. Así o especificou na presentación desta rodaxe, na que interveu xunto ao delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves; Alfonso Blanco, director xeral de Portocabo, e José Amaral, de SP-i, e aos representantes doutras das entidades colaboradoras, como a TVG e a RTP portuguesa, a través das que a serie chegará ao público de ambos os países.
Para o responsable da Agadic, resulta moi gratificante comprobar como, segundo xa se comprobou no último mercado Mipcom de Cannes, esta coprodución foi medrando en forma e contido nos últimos meses. Así, a alianza entre Portocabo e a recoñecida produtora televisiva lusa SP-i, xunto coa integración da TVG e a RTP, dálle continuidade ao magnífico modelo de traballo transfronteirizo do exitoso proxecto anterior de Portocabo, Vidago Palace, e ao avance das relacións audiovisuais entre Galicia e Portugal, continuou.
Sutil fixo fincapé en que, segundo os datos que manexa a produtora, a rodaxe de Auga seca reunirá máis de 150 profesionais, entre técnicos e intérpretes, así como máis de 300 figurantes durante a súa gravación en localizacións moi identificables tanto de Vigo e a súa comarca, como de Lisboa.
Trío protagonista
Na presentación participaron, así mesmo, a actriz portuguesa Victoria Guerra e os actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos, trío protagonista deste thriller arredor do tráfico de armas e do crime organizado, fortemente conectado á realidade e á época actual. Neste contexto, a historia comeza cando Teresa regresa a Vigo desde Lisboa para pescudar a verdade sobre o suposto suicidio do seu irmán, ao tempo que a investigación policial terá que desentrañar unha rede delituosa acostumada a agocharse baixo unha legalidade aparentemente perfecta.
Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos e João Arrais tamén forman parte do elenco desta nova serie, que contará con seis episodios de 50 minutos cada un. Toño López asume a dirección baixo a produción executiva de Alfonso Blanco, quen tamén asina o argumento xunto con Pepe Coira, Araceli Gonda, José Rubio, Eligio Montero, Carlos Portela e Ana Míguez. No guión traballan Lidia Fraga, Carlota Dans, José Rubio e Eligio Montero, a dirección de fotografía é de Ricky Morgade, a dirección de arte, de Andrea Pozo, e a música, de Elba Fernández e Xavi Font.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.