Noticias

Ourense presenta o seu proxecto de turismo intelixente con servizos personalizados e experiencias inmersivas para o visitante

Os aspectos clave do proxecto son a integración nun único punto de toda a información turística da provincia de Ourense por medio do uso dun modelo tecnolóxico aberto (esquema Open Data) sobre a que se fomente a participación, o diálogo e a colaboración entre os turistas a través das novas tecnoloxías e as canles dixitais. Tamén, entre as innovacións do proxecto analizadas hoxe destaca a interoperabilidade, xa que a plataforma será capaz de obter información de diferentes fontes de datos; e a potenciación dos turismos accesible, activo, termal e cultural, ademais de fomentar o carácter innovador do sector turístico da provincia a través de solucións TIC punteiras como son: Big Data, Realidade Aumentada, Realidade Virtual, portais web de potenciación e Marketing Dixital.

"A provincia de Ourense situarase á cabeza da innovación en "turismo intelixente" con servizos personalizados e experiencias inmersivas para o visitante que ofrecerán unha nova forma de facer e sentir o turismo". Así o definiu hoxe o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen presidiu a primeira reunión da comisión de seguimento do convenio de "Territorios intelixentes", celebrada no Pazo Provincial entre representantes da Deputación e da entidade Red.es.

A iniciativa, para a que se destinan preto de 3 millóns de euros (2.989.022 €), desenvolverase entre a Deputación de Ourense e Red.es, e abrangue baixo o lema: "Hay un Ourense para ti. Descúbrelo", unha plataforma smart, aplicacións para móbiles, unha guía con contidos interactivos, cámaras para monitorización de rutas e seguimento dos lugares máis visitados.
"Hoxe iniciamos unha andaina que suporá un novidoso sistema para as experiencias turísticas, e Ourense lidera esta innovación coa plataforma de "turismo intelixente" que –en opinión de Manuel Baltar- permitirá aos visitantes acceder aos recursos turísticos da provincia coa tecnoloxía máis vangardista aplicada ao ocio, cultura, termalismo, natureza e gastronomía". A plataforma ofrecerá, ademais, un portal web de información turística; un planificador de rutas baseadas nos gustos dos usuarios; sistemas de Realidade Virtual e de Realidade Aumentada, e experiencias inmersivas 360º con fotografías e vídeo.

Na reunión de hoxe participaron, ademais de Manuel Baltar, o director da Área de Transparencia da Deputación de Ourense, Fernando Suárez, e os directivos de Red.es Arturo Rodríguez e David Crespo. Nela analizouse o cronograma de actuacións e o traballo de licitación do proxecto co-financiado ao 60 % polo Estado e que se enmarca na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es, na que se seleccionaron 24 iniciativas de 9 comunidades autónomas, cun montante económico total de 68,3 millóns de euros.
A iniciativa que, no marco deste proxecto, porá en marcha a Deputación de Ourense, permitirá aos turistas que se acheguen á provincia dispoñer dun acceso rápido, sinxelo e intuitivo de toda a información de interese dos principais recursos turísticos da provincia (liña "Ourense ao teu alcance"); de servizos personalizados "baixo demanda" (liña "Sinte Ourense"), e terán acceso a experiencias inmersivas (liña "Ourense guíate").

Os aspectos clave do proxecto son a integración nun único punto de toda a información turística da provincia de Ourense por medio do uso dun modelo tecnolóxico aberto (esquema Open Data) sobre a que se fomente a participación, o diálogo e a colaboración entre os turistas a través das novas tecnoloxías e as canles dixitais.

Tamén, entre as innovacións do proxecto analizadas hoxe destaca a interoperabilidade, xa que a plataforma será capaz de obter información de diferentes fontes de datos; e a potenciación dos turismos accesible, activo, termal e cultural, ademais de fomentar o carácter innovador do sector turístico da provincia a través de solucións TIC punteiras como son: Big Data, Realidade Aumentada, Realidade Virtual, portais web de potenciación e Marketing Dixital.

R., 2019-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
A maior presenza de proxectos tecnolóxicos ou xurdidos da investigación universitaria entre as iniciativas de emprendemento seleccionadas é un dos aspectos destacados dá XIII Pont-Up Store. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro do emprendemento permite a 48 novas iniciativas empresariais dar a coñecer os seus produtos e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES