Noticias

'A derradeira leición do mestre' chega a Ourense no marco da mostra 'Castelao e Prada: Irmaus!'

Inaugurouse na Sala de Recepción e Protocolo do Pazo Provincial de Ourense a mostra 'Castelao e Prada: Irmaus!', que inclúe como peza central o emblemático lenzo de Castelao, 'A derradeira leición do mestre', pintado polo artista rianxeiro en 1945 en homenaxe ao amigo e intelectual galeguista Alexandre Bóveda, asasinado en 1936, e que nunca antes tiña saído do Centro Galicia de Buenos Aires, institución á que pertence. O cadro, que se expón en Ourense en virtude dun acordo de préstamo entre o Centro Galicia de Buenos Aires, a Deputación Provincial de Ourense e a Consellería de Cultura e Turismo, poderá ser visto durante o próximo mes na cidade das Burgas, antes do seu definitivo retorno ao Centro Galicia a partir do vindeiro 7 de abril.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta tarde na Sala de Recepción e Protocolo do Pazo Provincial na apertura da mostra Castelao e Prada: Irmaus!, que inclúe como peza central o emblemático lenzo de Castelao, A derradeira leición do mestre, pintado polo artista rianxeiro en 1945 en homenaxe ao amigo e intelectual galeguista Alexandre Bóveda, asasinado en 1936, e que nunca antes tiña saído do Centro Galicia de Buenos Aires, institución á que pertence.

O cadro, que se expón en Ourense en virtude dun acordo de préstamo entre o Centro Galicia de Buenos Aires, a Deputación Provincial de Ourense e a Consellería de Cultura e Turismo, poderá ser visto durante o próximo mes na cidade das Burgas, antes do seu definitivo retorno ao Centro Galicia a partir do vindeiro 7 de abril.

O titular de Cultura destacou na visita á mostra a importancia da “peregrinación” do lenzo por Galicia e, en concreto, desta itinerancia ourensá, que leva a obra de Castelao ao “berce do galeguismo”. “Ourense e Santiago –explicou Román Rodríguez– son as cidades que acollen esta obra que forma parte da nosa arte, da nosa historia e do noso ideario colectivo. Un lenzo que nunca até agora chegara a Galicia e que está a espertar gran interese”.

O conselleiro subliñou a importancia desta exposición, organizada pola Deputación de Ourense, pola súa contribución á difusión e posta en valor do noso patrimonio cultural e a transmisión á sociedade “dos valores que Castelao e Prada defenderon e difundiron.” “Dúas persoas, dous persoeiros –concluíu o titular de Cultura–, que traballaron sempre co obxectivo do desenvolvemento e a dignificación da nosa terra, nun tempo e nunhas circunstancias tan adversos que aquilatan o valor dos seus moitos e moi diversos logros”.

Visitaron a mostra e interviñeron no acto, ademais de Román Rodríguez, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, a filla de Alexandre Bóveda, Amalia Bóveda, e o presidente do Centro Pen Galicia, Luís González Tosar.

R., 2019-03-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES