Noticias

O turismo galego acada en novembro o seus mellores rexistros en 11 anos tras medrar un 6,6% a demanda hoteleira

A estratexia de desestacionalización do turismo en Galicia acadou un novo fito no mes de novembro, cun crecemento do 6,6% na demanda hoteleira en comparación co 2017 ata acadar os mellores rexistros en 11 anos. Así se desprende dos datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que confirman a consolidación desta actividade na Comunidade durante a tempada de outono por terceiro ano consecutivo, unha época na que se están a realizar destacadas iniciativas de promoción e dinamización froito da colaboración entre a administración e o sector.

En total, o número de noites de hotel en Galicia rozou en novembro as 500.000, realizadas por 235.000 viaxeiros, o que representa a segunda cifra máis elevada desta década.
Récord internacional

Por segmentos foi especialmente destacada a progresión do turismo internacional, cun 26% máis de demanda estranxeira nos establecementos hoteleiros. Tamén amosa un maior dinamismo o turismo interno, é dicir, o interese dos propios galegos por achegarse a coñecer o patrimonio e os recursos da Comunidade e gozar das experiencias turísticas en marcha. En concreto, esta tipoloxía avanzou un 9% no décimo primeiro mes do ano.

Neste tempo, a Xunta de Galicia, en colaboración con outras administracións e co sector, vén desenvolvendo iniciativas como Outono Gastronómico no Turismo Rural ou De tapas por Galicia, ademais do Catálogo de Produtos de Turismo Rural de Galicia – Outono 2018.
Crecemento do interior

A nivel territorial, deuse un comportamento homoxéneo, con subidas en todas as provincias malia que de diversa intensidade. O incremento máis notable deuse novamente en Ourense, que marcou unha alza superior ao 10%, fortalecendo así tamén o turismo de interior.

Tamén a estadía media progresa a súa tendencia crecente, cun aumento do 8,6% ata a cifra máis elevada dos últimos sete anos, converxendo ademais coa media nacional, que cae un 2,4%. Neste contexto, os niveis de ocupación soben máis de 2 puntos e ata 3,6 no caso das fin de semana. Así, a rendibilidade do sector logra mellorar máis dun 9%, marcando tamén o valor máis elevado da década. De xeito paralelo, as tarifas hoteleiras avanzan un 3,2%, o que afonda no modelo de calidade que propón a Estratexia do Turismo 2020.

R., 2018-12-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES