Noticias

Galicia é a sexta comunidade con menor número de tarxetas sanitarias por médico de familia

Galicia é a sexta comunidade autónoma con menos numero de tarxetas sanitarias (TIS) por médico de familia, segundo datos do Barómetro sanitario de Ministerio de Sanidad, Consumo Bienestar Social. Así, fronte ás 1.357 TIS de media en España, os facultativos galegos teñen asignadas unha media de 1.275, preto de 100 tarxetas menos que a media nacional. No referido ao número de médicos de atención primaria, vense experimentando un aumento constante. Mentres que no ano 2008 había en Galicia 2.402 facultativos, a día de hoxe a cifra é de 2.566, o que implica un crecemento de case un 7% máis.

O 96% dos médicos de familia teñen contratos estables, mentras que no referente aos pediatras chégase prácticamente ao 100%. En canto ao grao de satisfacción que amosan os usuarios da atención primaria en Galicia, os datos do Barómero sanitario reflicten que un 88,50% considera que a atención recibida é boa ou moi boa, máis dun punto por riba da media nacional.
Grupos de traballo consensuados cos profesionais

Esta mesma semana, o equipo directivo do Sergas, encabezado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo unha reunión con representantes dos profesionais de todas as áreas sanitarias, do Consello Galego de Médicos, dos colexios profesionais de enfermería, farmacia e fisioterapeutas, e das asociacións de médicos de familia e das sociedades científicas, para continuar avanzando de xeito consensuado no desenvolvemento dun novo modelo de atención primaria adaptado ás necesidades do século XXI.

Co obxectivo de trazar as liñas mestras, contando coa participación activa de profesionais e pacientes, propuxo a creación de seis grupos que abordarán especificamente, a reorganización e a creación de equipos para identificar os novos roles dos profesionais que traballan na atención primaria; as medidas encamiñadas á atención da demanda con calidade e seguridade; a priorización do plan de investimentos previstos para 2019 na atención primaria; as relacións entre a atención hospitalaria e a primaria; a formación e a investigación e a relacións cos pacientes a través das novas plataformas tecnolóxicas aplicadas á saúde.

O plan de traballo acordado esta semana programouse para poder contar coas primeiras conclusións dos expertos no vindeiro mes de febreiro.

R., 2018-12-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES