Noticias

El BNG prepara una ofensiva política para lograr una bajada del 15% en la factura de la luz

El BNG anuncia una ofensiva parlamentaria para conseguir que Galicia se beneficie de ser productora neta de energía y se acabe con el disparate de que, pese a ser una potencia eléctrica, lejos de obtener beneficio pague un alto precio en tener de medio ambiente, según denuncia el BNG. La portavoz nacionalista Ana Pontón asegura que Feijóo "ten que decidir se se pon do lado dos e das galegas ou do monopolio das grandes eléctricas e das portas xiratorias” e insta al PPdeG a que escuche a los pensionistas y negocie con el personal de Justicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A formación nacionalista presenta unha proposición de lei no vindeiro pleno para reclamar unha tarifa eléctrica galega que suporía un desconto do 15% na factura da luz, de tal xeito que nun recibo de 150 euros implicará un aforro de 22,7€ “nas afogadas economías familiares, tanto pola caída dos salarios como polo incremento dos servizos básicos”, indicou a portavoz nacional, Ana Pontón.

En concreto, no caso da electricidade, a factura aumentou un 87% na última década, mentres os salarios e as pensións perderon poder adquisitivo. Para colmo, e pese a que xa pagamos unha das facturas máis caras de Europa, esta podería subir porque o Goberno central quere repercutir o imposto de contaminación na persoa consumidora, rachando co principio de quen contamina paga, “resulta que a contaminación das eléctricas temos que pagala entre todas”, denunciou a deputada.

Nun país que produce electricidade a esgalla, “450.000 persoas non poden prender a calefacción e 73.000 fogares teñen dificultades para pagar a factura da luz, a cifra máis alta desde 2013 indicativo de que a tan publicitada recuperación non está chegando ás familias”, indicou a dirixente nacionalista, “mentres o PP se limita a medidas cosméticas como o tiquet eléctrico que este ano aínda no se puxo en marcha, non houbo axudas”.

No próximo Pleno, avanzou Pontón, o presidente da Xunta ten que decidir de que lado está. “Feixóo ten que optar entre poñerse do lado dos e das galegas, do lado de ter unha factura da luz máis baixa, ou do lado do oligopolio eléctrico e das portas xiratorias, que usaron tanto o PP como o PSOE”, recalcou Pontón, lembrando a longa lista responsables de ambos partidos que remataron nos consellos de administración de grandes empresas tras o seu paso polo Goberno do Estado.

A dirixente do Bloque lembroulle ao PP que, a diferencia do que pregoa, en Europa si existen tarifas eléctricas diferenciadas en países como Inglaterra, Alemaña ou Suíza, en función do custe da rede en cada territorio. A proposición de lei tamén inclúe unha nova regulación do autoconsumo para que sexa viable e plans de eficiencia enerxética e de aposta polas renovábeis.

Pensións e Xustiza

Pontón tamén se referiu as últimas mobilizacións protagonizadas polas persoas pensionistas ao longo de toda Galiza, para esixirlle ao Goberno “que tome nota porque non van tirar a toalla” no seu empeño en mellorar as súas prestacións de xubilación e a recuperación do poder adquisitivo. “Teñen dereito a unha pensión digna e deben ser escoitados polo PP porque non van quedar calados nas súas casas mentres lles rouban”, subliñou.

A portavoz do Bloque fixo igualmente mención a folga dos e das traballadoras de Xustiza desde fai máis de dous meses, “mentres Feixóo segue atrincheirado na súa posición de encastelamento negándose a negociar e paralizando a Xustiza, co que iso implica para milleiros de persoas neste país”. Pontón pide ao presidente da Xunta “que saia do seu castelo e pise a rúa porque leva 20 días sen querer negociar, mostra de que a xente lle importa un pito”, criticou.

O Bloque reclama ao xefe do Executivo “que dea a cara e deixe de agocharse detrás de Rueda que ten demostrado a súa insolvencia para dar unha saída negociada as lexitimas demandas dos e das funcionarias de Xustiza. Que se sente, negocie e busque unha solución”, concluíu.

R., 2018-04-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES