Noticias

El PPdeG critica a los sindicatos por preferir el bloqueo a la negociación. La oposición denuncia a la Xunta por chantajear a los trabajadores

El secretario general del PPdeG, Miguel Tejado, aseguró que los sindicatos confirman que prefieren bloquear la Justicia en lugar de sentarse a negociar, tras su negativa a entrevistarse con el conselleiro y vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda. La oposición reprocha a la Xunta de Galicia que "prefiera chantajear" a los trabajadores de la Justicia antes que "mostrar voluntad de diálogo".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que os sindicatos veñen de confirmar que prefiren bloquear a Xustiza que sentarse a negociar. Así, logo da súa negativa a entrevistarse co conselleiro Alfonso Rueda, o que amosan é que “prefiren seguir secuestrando a sociedade galega cun bloqueo da Administración de Xustiza, que penaliza a todos aqueles que precisen os servizos da mesma”. “Non se pode sustentar un acordo na reivindicación coa condición dunha suba salarial como a que plantexan os sindicatos”, apuntou Tellado ao tempo que engadía que “parten de posicionamentos que son inasumibles porque non teñen ganas de pactar senón intención de persistir na súa vontade de converter aos galegos en reféns das súas demandas”.

Os representantes sindicais están condenando a miles de cidadáns a uns retrasos inxustificados nos seus trámites e causas pendentes e, tal e como sinalou o número dous do PPdeG, “querer gañar máis non xustifica en ningún caso o bloqueo ao que se está sometendo á Administración de Xustiza sen respectar aos que non secundan as súas mobilizacións e os seus paros”. Ademais, Tellado tamén evidenciou que “tense demostrado que buscan escusa tras escusa para non estar na mesa de negociación, da que se levantaron tres veces”. “Querer gañar 3.000 euros máis non é unha escusa razoable e defendible ante o pobo de Galicia para paralizar os xulgados de toda a Comunidade Autónoma”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reprochou a Alfonso Rueda que “prefira chantaxear” aos traballadores da Xustiza, que superan as dúas semanas de folga, antes que “amosar vontade de diálogo”. E é que, en palabras do líder dos socialistas galegos, mentres Rueda “segue cobrando”, a diferenza do que ocorre co persoal en folga, “a Xustiza galega segue paralizada” sen que o conselleiro responsable busque “unha solución” ao conflito laboral.

A súa decisión de condicionar a súa entrada na negociación ao fin da folga dá a mostra, proseguiu Gonzalo Caballero, de que “o PP carece de sensibilidade cos traballadores” e de “capacidade de resolución dos conflitos”. “Intenta plantear un órdago en clave de chantaxe cando non cumpre o seu deber como xestor, que é negociar cos implicados”, criticou o dirixente socialista, quen considerou “una falla de respecto” que Rueda aínda “non se teña sentado” cos traballadores afectados.

Gonzalo Caballero recordou ao vicepresidente de Feijóo que “as folgas son un dereito” e censurou que ningún dos dous estea “en condicións de ofertar á sociedade vontade ou capacidade de negociación e diálogo” cos axentes sociais.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG volve trasladar todo o seu apoio e solidariedade cos traballadores e coas traballadoras da Xustiza tras as declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, chantaxeando ao funcionarios en folga para esixir o fin das discriminacións salariais e en demanda dunha administración de xustiza áxil, eficaz e moderna propia do século do XXI.

“É absolutamente condenable a actitude da Xunta e a posición chantaxista que expresa, día si día tamén, o vicepresidente Alfonso Rueda, que en vez de esmerarse en ser unha solución demostra que é unha parte do problema. Nunha democracia é inadmisible que un Goberno pretenda chantaxear aos traballadores e traballadoras cando están exercendo o seu lexítimo dereito á folga”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón.

Para a dirixente do Bloque “é a Xunta que toma como reféns aos galegos e as galegas dinamitando as negociacións”, por iso, desde a formación nacionalista demanda ao Goberno de Feixóo que acepte a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL): “Ten que abandonar a prepotencia e a chulería que durante estes quince días ten paralizada a Xustiza e entrar pola senda da razón, porque é evidente que tras unha folga tan intensa están reclamacións xustas porque ninguén fai folga por deporte”, salientou Pontón.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, cualificou de chantaxe as declaracións do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao dicir que non se vai sentar a negociar ata que se suspenda a folga. “Alfonso Rueda tivo tempo de sobra de solucionar o conflito antes de que se iniciase a folga” asegurou Villares.

O voceiro de En Marea asegurou que “estamos fartas dunha actitude absolutamente prepotente e soberbia por parte da Xunta de Galicia que está a provocar moito sufrimento ao conxunto da poboación ao incrementar o xa estrutural colapso da Xustiza”. Así mesmo, denunciou o sufrimento que se está a causar tamén a uns traballadores e traballadoras que están deixando de cobrar nun servizo que nos afecta a todos e a todas.

“Esiximos a Alfonso Rueda que inmediatamente e incondicionalmente sente na mesa de negociacións lembrándolle que é un mandato do Parlamento de Galicia que acordou por unanimidade no mes de decembro de 2017 aceptar as reclamacións destes traballadores e traballadoras” declarou Luís Villares.

Para o voceiro de En Marea “non é aceptable que non cobren a metade dos seus salarios cando se poñen enfermos, non se suspenden nin as hipotecas nin os fillos e fillas deixen de comer polo que non é aceptable que lles rouben a metade do seu traballo. Igualmente non é aceptable que sexan discriminados cobrando menos nunha substitución do que percibe o substituído. E tampouco é aceptable que non se produza unha reposición das prazas amortizadas, ou que se manteñan os recortes nos seus salario mentres Feijóo subiuse un 7 por cento o seu salario”.

Para En Marea esas son as únicas condicións que Rueda ten que levar á mesa de negociación para recoller as demandas destes traballadores e traballadoras e deste xeito poñer fin á folga.

R., 2018-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-carretilla.jpg) Galicia pechou abril con 1.103.820 afiliacións á Seguridade Social, 16.386 cotizantes máis ca en abril do ano pasado, e con 112.293 persoas no paro, 3.252 menos que no mesmo mes de 2025. No caso das afiliacións, na comparativa anual aumentan nun +1,51 % e tamén medran na comparativa mensual (+7.944 afiliacións máis, +0,72 %). De feito, en termos intermensuais, trátase do segundo maior aumento, tanto en termos absolutos como relativos, dun mes de abril desde que hai rexistros, despois do acadado o ano pasado. En relación co desemprego, este cae tanto na comparativa anual, cun descenso do -2,81 % como na mensual, neste caso cun recorte do -2,07 %, o que implica 2.377 persoas desempregadas menos con respecto a marzo.
Foto de la tercera plana (20260505-xunta.JPG) O evento celebrarase o 8 de xuño e concentrará a máis de 30 chefs con Estrella Michelin, nunha cita que, como definiu o organizador, Rogelio Rial, 'non só pon en valor o talento culinario, senón tamén o noso territorio, o Camiño de Santiago e a capacidade dun lugar como Negreira para acoller un evento deste nivel'. Esta edición homenaxearase ao célebre cociñeiro Juan Mari Arzak e colaborarase coa asociación Art for Dent, reforzando o compromiso social da iniciativa.O director de Turismo de Galicia puxo en valor a conexión entre gastronomía e Camiño de Santiago que impulsa a iniciativa.

Notas

A UDC vén de obter máis dun millón de euros para reforzar a investigación en computación e comunicacións cuánticas no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Este financiamento, concedido no marco dunha convocatoria impulsada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Axencia Estatal de Investigación, permitirá dotar ao centro de novas capacidades científicas nun ámbito clave para o desenvolvemento tecnolóxico das próximas décadas.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, conta desde agora cun novo catálogo. Nel recóllense en imaxes e texto dez mostras, de arredor dunha vintena de artistas moi diversos, que foron expostas nos seus muros entre setembro de 2023 e xullo de 2025 no marco do ciclo expositivo Recipro-edadiC, dirixido polo artista en profesor xa xubilado da Universidade de Vigo Javier Blanco Sierra.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES