
Enmarcado neste proxecto sitúase o nodo galego, que pretende difundir as iniciativas de humanidades dixitais e de tecnoloxías lingüísticas para a investigación en humanidades e ciencias sociais emprendidas en Galicia, e que este xoves se presentou en Santiago no marco da I Xeira CLARIAH-GAL.
Este primeiro encontro contou coa presenza do coordinador de CLARIAH-ES e profesor da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), German Rigau, que pronunciou un relatorio sobre os retos e as oportunidades que ofrece a Intelixencia Artificial ás Humanidades Dixitais. Rigau, licenciado en Informática e doutor en Intelixencia Artificial pola Universidade Politécnica de Catalunya, é subdirector do Centro Vasco de Tecnoloxía Lingüística da UPV/EHU e coordinador estatal das infraestruturas de investigación europeas ESFRI CLARIN-ERIC e DARIAH-ERIC.
Aproveitar sinerxías
Os investigadores do ILG da USC e organizadores do encontro, Francisco Dubert e Xulio Sousa, explican que dentro do ámbito da Xeira entran campos como literatura, historia da literatura, filosofía, historia e ata procesamento da linguaxe de signos e que o obxectivo é poñer en contacto as persoas que usan a tecnoloxía para a investigación en humanidades e ciencias sociais para facilitar e optimizar o desenvolvemento de proxectos e compartir recursos dixitais.
Todos os países da Unión Europea e mesmo algún externo como Suíza forman xa parte das redes CLARIN e DARIAH, que se enmarcan na estratexia da UE para crear foros para as infraestruturas de investigación. Entre os proxectos realizados co apoio destas infraestruturas europeas figura ParlaMint, que se desenvolve no marco de CLARIN e cuxo obxectivo é a creación dun corpus de sesións parlamentarias multilingües comparables e homologadas e no que participa o consorcio español CLARIAH-ES e a través del a Universidade de Santiago.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.