
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou en Vigo nunha xornada de traballo sobre pensións en compañía do secretario de Política Económica e Emprego do PSOE, Manuel Escudero, así coma outros dirixentes do partido e os responsables comarcais de UGT e CC.OO. Antes do inicio, o líder dos socialistas galegos denun ciou ante os medios de comunicación que o PP a nivel estatal ten roto o Pacto de Toledo, renunciou a actualizar as pensións segundo o coste da vida e ten desfeito a hucha das pensións. Do mesmo xeito, dixo, a dereita en Galicia está destrozando a sanidade pública a través de recortes e privatización.
En contraposición con esa estratexia dos populares, Gonzalo Caballero explicou que o PSOE está poñendo en marcha una campaña que é a precursora das mobilizacións que se están dando a nivel de todo o Estado para falar da necesidade dunhas pensións dignas. Máxime, engadiu, en Galicia, onde as pensións están por debaixo da media de España.
Fronte á dereita de Feijóo e de Rajoy, que están destrozando a sanidade pública e o sistema de pensións públicas, nós estamos liderando unha axenda de prioridade social, para defender o que lle interesa á cidadanía, recalcou o líder do PSdeG, quen hoxe mesmo estará tamén en Pontevedra nunha asemblea aberta sobre pensións.
Pola súa banda, Manuel Escudero remarcou que os pensionistas que están protestando nas rúas teñen todo el apoyo do PSOE tras sinalar que o problema serio que supón o burato de 18.000 millóns de euros na Seguridade Social tiene solución.
Pasa, segundo detallou, por complementar las cotizaciones con impuestos. No estamos inventando la rueda: es lo que se hace en Francia, Alemania o Italia, incidiu o dirixente socialista, para quen o sistema de pensións público é una joya. Y se puede mantener con la fórmula que proponemos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.