
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
A Xunta fai oídos xordos e segue adiante cun anteproxecto que demostrou un rexeitamento social evidente e multitudinario, de usuarios e profesionais da sanidade, denunciou Eva Solla que tamén esixiu que se abra unha negociación na Mesa Sectorial para recuperar as retribucións e os dereitos conxelados para os profesionais do Servizo Galego de Saúde.
A parlamentaria de En Marea tamén argumentou que o anteproxecto de reforma fose presentado sen consenso por parte da comunidade sanitaria. Non foi negociada coas centrais sindicais ás que a Xunta non lles consultou absolutamente nada, todo o contario, avisou ás organizacións o mesmo día que introduciá por rexistro o anteproxecto, como mostra da súa actitude caracterizada pola falta de diálogo.
O rexeitamento de En Marea tamén pivota na supresión das Áreas Sanitarias, que Solla cualificou como a decisión máis grave da nova norma. Ademais, fixo referencia na súa intervención ao relatorio de supostos novos servizos que a Xunta contabiliza nos hospitais comarcais cando os que visitamos dende hai anos estes centros comprobamos que a falta de persoal é evidente, habilitando salas como hospitais de día sen ningún tipo de reforzo de profesionais.
Con respecto á Atención Primaria, a norma perpetúa as súas deficiencias, cando xa coa supresión das xerencias se viu mermada a súa capacidade resolutiva, circunstancia admitida polo propio xerente do SERGAS. A voceira de Sanidade de En Marea tamén se referiu á supresión das xerencias comarcais, que empeorou a coordinación e a administración de recursos nos hospitais comarcais, rexistrándose maiores deficiencias na atención, que depende cada día máis dos hospitais grandes.
O mesmo sucede coa participación, engadiu Eva Solla, que criticou con dureza que a nova Lei de Saúde exclúa as asociacións de veciños e veciñas do Consello Galego de Saúde, cando segundo a deputada deberían ser as máis implicadas. En Marea tamén cuestiona o carácter empresarial da investigación sanitaria en Galicia, denunciando que en moitos casos teñan que ser os propios profesionais os que se busquen a vida para avanzar na investigación médica na súa área.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023), entre outras.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.