Noticias

El Debate sobre el Estado de la Autonomía se celebra en el Parlamento de Galicia entre el 4 y el 6 de octubre, coincidiendo con la semana de las elecciones primarias del PSdeG

El Debate sobre el Estado de la Autonomía de Galicia se convocó para la primera semana del mes de octubre, entre los días 4 y 6, coincidiendo en la misma semana en la que el PSdeG celebra sus primarias (el 8 de octubre) para elegir nuevo secretario general. Antes, el PSOE y BNG preguntarán de nuevo al presidente de la Xunta por el veto sobre la AP-9. Además, En Marea anuncia que preguntará acerca de la prohibición de actos de apoyo al 1-O y el PPdeG defenderá un estudio para incorporar el Pazo de Meirás al patrimonio público.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que solicita a realización dun estudo xurídico que analice a posibilidade e os mecanismos legais que permitan incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público. Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, tamén avanzou que o Debate sobre o Estado da Autonomía celebrarase os días 4, 5 e 6 de outubro.

Puy explicou que o Debate sobre o Estado da Autonomía dará comezo o día 4 de outubro coa intervención do Presidente da Xunta, á que seguirá pola tarde o debate cos portavoces parlamentarios. Ao día seguinte, procederase ao rexistro das propostas de resolución por parte dos grupos parlamentarios e as negociacións para as posibles transaccións. Por último, o día 6 de outubro celebrarase o debate das propostas de resolución. Polo que respecta á sesión plenaria da próxima semana, dará comezo coa designación dun membro do Consello Social da Universidade de A Coruña e o debate para a súa aprobación do proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. A continuación, terá lugar a comparecencia do conselleiro de Sanidade para informar do plan de prevención do suicidio, dirixido a minimizar este problema na Comunidade galega.

O Grupo Popular defenderá neste Pleno dúas proposicións non de lei. A primeira ten como obxectivo da constitución dunha comisión que analice histórica e xuridicamente os mecanismos a través dos que o Pazo de Meirás poida pasar a integrar o patrimonio público galego. Pedro Puy reiterou que “entendemos que esta propiedade ten que estar en mans do pobo galego pola forma na que se adquiriu” e sinalou que a partir das conclusións ás que chegue esta comisión de expertos “poderemos actuar en consecuencia co obxectivo de incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público”.

A segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo a creación, entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, dunha mesa do Camiño de Santiago na provincia de A Coruña para a promoción e mellora das rutas xacobeas que discorren integramente por esta provincia: o Camiño Inglés e a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía. Así mesmo, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre a situación na que se atopa o proceso de ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra e as accións que ten previsto realizar para acadar o obxectivo de implantar o plan de accesibilidade do transporte metropolitano na cidade de A Coruña.

O portavoz popular tamén explicou que na Xunta de Portavoces acordouse solicitar aos Servizos Xurídicos do Parlamento galego un informe no que se especifiquen as accións xurídicas que se poden emprender respecto do veto da Mesa do Congreso dos Deputados a debater a proposición de lei para o traspaso da AP-9 a Galicia.
“Á espera do que recolla este informe dos servizos xurídicos do Parlamento, imos seguir defendendo a transferencia desta autopista”, sinalou Puy.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reivindicou “unha proposta unánime” do Parlamento, posicións “claras” e a exploración de “posibilidades legais” para conseguir a transferencia da AP-9. Logo da Xunta de Portavoces da Cámara, o responsable socialista confirmou que centrará a próxima sesión de control ao presidente no veto a esta petición na Mesa do Congreso.

Fernández Leiceaga esíxelle ao presidente da Xunta “que se poña á fronte en vez de actuar como responsable do PP en Galicia e darlle o aval a Rajoy e Ana Pastor para impedir que se tramite” no Congreso esta petición aprobada por unanimidade na Cámara autonómica. Solicitou así que os letrados da Cámara sinalen as posibilidades legais para que a Cámara ou os deputados recorran ao Tribunal Constitucional sobre este tema.

O responsable socialista fixo así un chamamento a conseguir “unidade política e non división nin vías unilaterais”, criticando a falla de resposta de PP e BNG á proposta socialista de manter unha xuntanza de traballo dos catro portavoces.

Precisamente amosouse de acordo coa proposta dos nacionalistas de reprobar a Ana Pastor, pero criticou que o fixeran propoñendo unha declaración institucional na Xunta de Portavoces, coa que “déronlle a posibilidade ao PP de vetala”, que foi o que efectivamente sucedeu. Censurou así a teima de presentar “iniciativas singulares que dividen, en vez de sumar”.

O portavoz do Grupo Socialista animou ao resto dos grupos parlamentarios a apoiar a proposición non de Lei que será presentada no próximo Pleno polos socialistas galegos co obxectivo de “abrir a vía xurídica de recuperación do Pazo de Meirás sen custes adicionais”. Presentou a súa propostas de constitución dunha Comisión “equilibrada en orixe”, coa participación de Xunta, Deputación e concellos de A Coruña e Sada.

Esta vía permitiría a presenza de tódalas institucións implicadas no proceso, con presenza ademais de tódolos grupos políticos, para levar adiante un órgano que atenda a razóns técnicas de expertos en dereito e historia para “buscar vías para recuperar este patrimonio”.

O Pleno comezará co debate dunha proposición de Lei do Grupo Socialista dirixida a fixar prazos para o nomeamento do director xeral da CRTVG por maioría cualificada do Parlamento, tal e como fixa a Lei actualmente en vigor e que leva cinco anos sen ser desenvolvida. Reclamou que se cumpra o texto que prevé a aprobación dun estatuto profesional e a constitución do Consello de Redacción e da Autoridade Audiovisual.

Os socialistas tamén levarán unha proposición non de Lei para reivindicar que o goberno galego facilite a participación dos pequenos estudos de arquitectura nos concursos públicos, así como unha interpelación para garantir unha “resposta obxectiva e global” fronte aos danos provocados nos cultivos pola climatoloxía que “non estea sometida á discrecionalidade do goberno”.

Finalmente, presentarán unha moción para reclamar a retirada do anteproxecto de Lei de reforma da Lei de Saúde coa que a Xunta quere “liquidar” as áreas de Salnés, A Mariña, Valdeorras e Monforte. Os socialistas propoñen “comezar de cero” coa participación dos axentes implicados para reforzar os hospitais de área.

R., 2017-09-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES