Noticias

El Concello de Santiago de Compostela recupera los documentos que acreditan su propiedad sobre las estatuas del Mestre Mateo en manos de los Franco

El Ayuntamiento de la capital gallega, Santiago de Compostela, ha recuperado el expediente de adquisición que demuestra su titularidad sobre las dos esculturas románicas, las imágenes de Abraham e Isaac del taller del Mestre Mateo, que formaban parte de la fachada que cubría el Pórtico de la Gloria y que actualmente están en posesión de la Familia Franco.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou en rolda de prensa que o Concello vén de atopar documentación que demostraría que as estatuas de Abraham e Isaac do escultor Mestre Mateo pertencen ao consistorio compostelán. As estatuas atópanse na actualidade formando parte dunha exposición no Pazo de Xelmírez, continuidade da que houbo no Museo do Prado entre novembro de 2016 e marzo de 2017, sobre a obra do Mestre Mateo.

Estas dúas esculturas, que representan a Abraham e Isaac, están na actualidade en mans da familia Franco, a pesar de que non existe ningún documento de cesión por parte do Concello de Santiago, quen as adquiriu en 1948 por unha cantidade de 60.000 pesetas. O documento notarial de compravenda, así como o resto do expediente, foi atopado tras un traballo de documentación levado a cabo nas últimas semanas nos arquivos da Universidade de Santiago de Compostela. Nese documento condiciónase a venda a que as esculturas non saian do patrimonio municipal nin por enaxenación, doazón, concesión de depósito ou calquera outra figura, xa que en caso contrario debería indemnizarse ao vendedor con 400.000 pesetas.

Na documentación localizada recóllese tamén un informe técnico do arquitecto Francisco Asorey onde describe as figuras e di delas que posúen "gran valor artístico". Ademais do debate que se dará no vindeiro Pleno sobre este asunto, o alcalde anunciou que os servizos xurídicos do Concello están a traballar para presentar unha reclamación xudicial para que a familia Franco devolva estas esculturas ao patrimonio dos composteláns e das compostelás.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago

R., 2017-09-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES