Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
O plenario de En Marea definiu o xeito de traballar que terá este espazo político nos vindeiros meses. O plenario aprobou os principais documentos políticos e tamén os xeitos organizativos que terá a formación. Deste xeito aprobouse o documento que define a En Marea como alternativa política das maiorías socias de Galicia, un documento no que se incorporaron de maneira xeralizada as emendas presentadas. No mesmo sentido, a plenario aprobou o modelo organizativo e que suporá a consolidación da organización resultante do anterior plenario, celebrado en decembro.
Arredor de 500 inscritos acredítaronse para participar nos debates e nas votacións celebradas no Pazo de Congresos de Santiago, uns debates que, segundo explicou o voceiro, Luís Villares, "non tiveron perdedores e si un claro e si un claro gañador, a cidadanía galega que ten en En Marea unha ferramenta de ruptura e de transformación social".
Villares tamén salientou ao rematar o plenario que este foi "unha demostración de forza democrática e de capacidade de debate". O voceiro de En Marea apuntou na súa comparecencia de valoración final do plenario que ao contrario que nos partidos políticos convencionais "nós entendemos que non ten que ser A ou B, que ten que ser A+B porque a suma de ambas ten que dar no alfabeto completo".
Durante a celebración do plenario, ademais dos debates das ponencias, os distintos ámbitos institucionais nos que traballa En Marea renderon contas do traballo realizado durante o último semestres, ao tempo que escoitaron dos inscritos as súas suxerencias e inquedanzas, unha proba máis, segundo Villares, do compromiso de En Marea cos seus inscritos e que anima a unha maior participación dos plenarios.
A sesión foi retransmitida ao longo de toda a xornada, a través dun streaming ao alcance de toda a cidadanía, o que pon de manifesto a vontade de transparencia que En Marea quere instaurar todas as esferas da sociedade. É a primeira vez que unha forza política transmite un debate plenario completo. Este debate pode visionarse de novo na canle de You Tube do espazo (https://goo.gl/orQUwc).
Luis Villares valorou moi positivamente o transcurso dunha xornada que serviu para unir e que deixa a En Marea como a única alternativa real ao goberno do PP.
Votacións e resultados por orde de celebración:
Emenda á totalidade do regulamento do plenario:
Fav: 205 / Contra 237
Documento completo da regulación do plenario coas emendas incorporadas:
Fav: 241 / Contra: 185
--------------------
Rendición de contas do Consello das Mareas:
Fav: 243 / Contra: 162 / Abstencións: 20
Rendición de contas do GP de En Marea no Parlamento Galego:
Fav: 261 / Contra: 51 / Abstencións: 50
---------------------
Emenda á totalidade do documento EM como alternativa política:
Fav: 215 / Contra: 253
EM como alternativa política, documento completo coas emendas incorporadas:
Fav: 255 / Contra:194 / Abst: 11
-------------
Documento de maternidade subrogada:
Fav: 201 / Contra: 22 / Abstencións: 4
-------------
Ponencia sobre o financiamento autonómico. (Rexeitada emenda a totalidade):
Fav: 234 / Contra: 177
------------
Emenda parcial ao regulamento da Coordinadora e do Consello:
Fav: 166 / Contra: 225
Regulamento da coordinadora. (Rexeitada emenda á totalidade):
Fav: 241 / Contra: 209
Regulamento do Consello das Mareas. (Rexeitada emenda á totalidade):
Fav: 224 / Contra: 139
--------------
Dación de contas do grupo parlamentario no Congreso:
Fav: 197 / Contra: 13 / Abstencións: 29
-----------
Carta financeira. (Rexeitada a enmenda a totalidade):
Fav: 218 / Contra: 165
-----------
Emenda nº4 ao texto de relación coas Mareas:
Fav: 80 / Contra: 158
Documento de relación coas mareas locais. (Rexeitada a emenda á totalidade)
Fav: 186 / Contra: 131
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de Anova:
Desde Anova queremos parabenizar a todas e todos os cidadáns asistentes pola participación neste Plenario de En Marea. Miramos, iso si, con inquedanza a diferenza entre as previsións e a participación final, o que nos suscita a reflexión de que debemos seguir traballando para conseguir o compromiso activo da maioría social da que somos parte, á que sempre interpelamos e da que En Marea soamente pode ser a súa ferramenta.
A posición crítica da nosa organización, compartida con moitas outras e outros compañeiros, non foi tratada coa posta en práctica dos princípios de democracia participativa e debate político de ideas que darían un resultado que non fose a confrontación á que conduciu a interpretación da Mesa. O resultado dun debate político real concluiría nunha síntese común se non fose tratada unha emenda á totalidade coma unha simple emenda máis. O debate político non é unha cuestión de orde nin a introducción dun papeliño nunha caixa.
Alén disto, Anova seguirá contribuíndo a construír a Unidade Popular poñendo todos os seus esforzos no horizonte dun proceso que desemboque no exercicio da soberanía plena en Galiza e nos encamiñe a un proceso constituínte e una República de todas, mediante a creba con este Réxime podre.
Para isto apelamos a todos os espazos que, desde a orixe, estiveron implicados na construcción da Unidade Popular a un proceso de autocrítica e compromiso para reverter a situación actual e fortalecer e dar azos e continuidade á ferramenta de ruptura que ten que volver ser En Marea.
Seguimos avante no camiño da Unidade Popular e da ruptura democrática.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.