Noticias

A Mesa pola Normalización Lingüística lanza un audiovisual sobre los obstáculos de hablar gallego

Inspirado en la serie británica "Black Mirror", A Mesa pola Normalización Lingüística lanza un cortometraje para denunciar los obstáculos a la hora de hablar gallego en el día a día. La pieza audiovisual titulada "SC" funciona como primer capítulo de una webserie y con ella se pretenden captar 10.000 firmas para presentar una Iniciativa Legislativa Popular y garantizar los derechos lingüísticos en lo socioeconómico.

Nota de prensa de A Mesa pola Normalización Lingüística:

Dentro da campaña para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, A Mesa deu a coñecer unha curta onde se deixa ver a problemática dos galegofalantes no seu día a día.

Na presentación interviron o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, a secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, Mónica Pazos, o representante de Desoños, Carlos Álvarez, o guionista da curtametraxe, David Rodríguez e o representante da produtora Deica Audiovisual Paulo.

No contexto da campaña Sentido Común, creada para conseguir sinaturas pola garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, creouse SC, entendéndoa como unha forma de dirixirse ao público e mostrar unha realidade ás veces oculta.

SC presentouse como unha suposta webserie, unha ferramenta visual, atractiva e que xoga en certa maneira coas novas tendencias (está inspirada nun capítulo da serie Black Mirror) para conseguir viralizar a campaña. Nesta curta móstrase como ficción unha situación complexa para os galegofalantes e como o día a día vai demostrando que é totalmente real.

Ao longo de todo o capítulo faise referencia visual ás siglas SC, das cales se descubre o seu significado ao final: Sentido Común, lingándoo desta maneira á infografía que aparece xusto despois e coa que se lle desvela aos espectadores que realmente se trata dunha campaña e que é o que se quere conseguir coa mesma.

Segundo o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “o obxectivo da campaña é conseguir as sinaturas mais sobre todo dar a coñecer a situación da lingua galega e reivindicar o dereito real de uso, moi limitado en todos os ámbitos, tamén no socioeconómico. Por iso entre outros medios máis clásicos como as mesas de recollida, os folletos ou vídeos explicativos, decidimos recorrer a outros formatos que permiten a reflexión mais demorada”.

“O obxectivo desta curtametraxe é achegármonos e xerar debate “que a xente se pare a facerse preguntas e se cuestione unha realidade que ás veces pode chegar a parecernos ficción. Pórse no lugar da protagonista e cuestionarse se realmente é esa a posición que cren que lle corresponde ao galego”.

Maceira engadiu que “calquera persoa que fale galego ou comece a facelo vaise enfrontar a estas situacións impropias dun contexto democrático e dunha lingua normal. O sentido común indica que deberíamos poder expresarnos na nosa lingua, que ademais é oficial, sempre e en todo lugar, mais en Galiza no ano 2017, iso non acontece”.

“Son coaccións e chantaxes para obrigar directa ou indirectamente a non falar galego e que precisan de firmeza e dignidade para as resolver. Neste sentido, o chamado á normalización da lingua galega é tamén un chamado á dignidade colectiva do pobo galego, porque os limites e os obstáculos á lingua tamén o son para o seu pobo”, afirmou o presidente da Mesa. Esa dignidade colectiva é a que dá futuro ao galego e permite enfrontar as situacións que se observan na curta. É a mesma que se sairá ás rúas o 17 de maio coa plataforma Queremos Galego.

A Mesa pola Normalización Lingüística está a desenvolver unha intensa campaña por todo o país para dar a coñecer a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Esta campaña ten data de remate o 21 de setembro.

Fotografía: A Mesa pola Normalización Lingüística

R., 2017-05-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES