
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón aproveitou a comparecencia ante os medios de comunicación sobre o balanzo das relacións entre a Xunta e o goberno central para definir a Alberto Núñez Feijóo como o Darth Vader da Guerra das Galaxias que comezou sendo un Jedi e acabou converténdose ao lado escuro da forza. Feijóo pasándose ao lado escuro de Rajoy fai que Galiza perda 4.000 millóns de euros ao ano.
A nacionalista explicou que Feijóo presentouse como unha especie de Jedi galego, pegou carteis coa súa cara por tódolos recunchos e díxonos : Galiza primeiro. Pero á hora da verdade, cambiou de lado, e vemos que nin unha soa vez, é capaz de defender os intereses dos galegas e das galegas porque o seu lema é: Rajoy primeiro.
Esta estratexia, engadiu, a parlamentaria, ten un custe moi elevado e vai hipotecar o noso futuro como pobo. Desde o BNG temos claro que neste momento hai debates abertos co estado que son claves para gañar a partida contra o paro, a precariedade e sobre todo para blindar servizos públicos e dereitos sociais. De como se pechen estes debates, depende o futuro de centos de mozas e mozos en Galiza. Feijóo condúcenos á irrelevancia política e a un modelo dunha Galiza precaria e low cost.
A nacionalista afirmou que coa submisión de Darth Vader Feijóo perdemos máis de 4.000 millóns de euros ao ano. Perdemos, recalcou, 3.500 millóns de euros pola súa negativa a defender un concerto económico galego, pagamos máis de 140 M nas peaxes da AP-9, unha estafa legalizada con peaxes abusivas, xusto cando Rajoy si que rescata con caros públicos as radias madrileñas.
Por outra banda Pontón lembrou que as empresas vascas teñen un aforro de máis de 10 M pola tarifa vasca mentres que en Galiza, Feijóo segue opóndose a unha tarifa galega. Pero a guinda do pastel,dixo, é o recortazo dos orzamentos do Estado. Xusto no ano que pagaremos máis impostos, o PP aplica o recortazo do século, incumprindo con Galiza os seus compromisos e hipotecando proxectos importantes para o noso presente e futuro.
A portavoz do BNG asegurou que Feijóo ten unha oportunidade de demostrar que defende os intereses de Galiza nun tema vital para unha comarca como a Costa da Morte, parándolle os pés ao intento de Villar Mir de vender ilegalmente as centrais do Xallas e que provocará a asinar a acta de despido de 300 traballadores e traballadoras das plantas de Cee e Dumbría.
Desde o BNG, recalcou, temos claro que Ferroatlántica quere especular cunhas centrais hidroeléctricas, que en realidade son propiedade da Xunta. Hai que deixar claro que as centrais do Xallas non son de Villar mir, son de Galiza, son unha concesión pública vinculada co mantemento do emprego na Costa da Morte.
Feijóo debe erguer o teléfono e dicirse a Villar Mir e tamén a dirección de Ferroatlántica que as centrais nin se venden nin se segregan . A explotación dos recursos hidráulicos xera máis de 35 millóns de euros anuais. Cifra máis que suficiente para cubrir a posta en marcha da planta de carbón vexetal e as actuacións nas fábricas de Cee e Dumbría, mesmo incluíndo o famoso forno 23.
Estamos ante o terceiro intento de Villar Mir para cometer unha ilegalidade. A Xunta no pasado nunca o autorizou e se a concesión está clara, e hai sentenzas xudiciais, a que espera Núñez Feijóo para actuar?.
Pontón concluíu reclamando a Feijóo que sexa fiel ao clamor da Costa da Morte e a unanimidade no Parlamento de Galiza. Feijóo non pode romper os acordos na Galiza para ceder as chantaxes dun empresario madrileña que leva gañado moitos cartos á costa de explotar os recursos naturais no noso país.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.