
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A militancia do BNG renovará os seus órganos de dirección cunha única candidatura de consenso tras pecharse o prazo de presentación sen que se rexistrara ningunha outra lista alternativa á aprobada polo Consello Nacional.
Esta candidatura de consenso, encabezada pola actual portavoz nacional Ana Pontón, consolida o relevo xeracional emprendido polo Bloque fai un ano, e será sometida á votación de toda a militancia na XVI Asemblea nacional que se celebra esta fin de semana na Coruña baixo o lema En Bloque cara a un tempo novo.
A candidatura prevé reforzar a futura Executiva nacional, -que pasa de 15 a 19 integrantes-, con novas incorporacións, como a de Ana Miranda, Xavier Campos, Olalla Rodil, Luís Bará, Eva Vilaverde e Susana Camba.
Así mesmo, consolida unha importante renovación xeracional xa que xunto a propia Ana Pontón figuran os nomes de Eva Vilaverde, Xavier Campos, Olalla Rodil, Noa Presas, Olaia Ledo, Xosé Manuel Marcote, Xosé Emilio Vicente ou Rubén Cela, unha nova xeración por debaixo dos corenta anos.
A candidatura tamén recolle a experiencia de persoas como Xosé Luis Rivas, Goretti Sanmartin, Carme da Silva, Néstor Rego, Ana Miranda, Obdulia Diniz, Bieito Lobeira, Montse Prado, Luís Bará e Susana Camba.
2.100 militantes e 300 simpatizantes fixeron a inscrición para asistir á XVI AN, na que podEn participar todas as persoas, -con ou sen carné do Bloque-, que confían nas posibilidades de Galiza e consideran máis necesario que nunca un proxecto político de país sen dependencias.
Iniciamos fai un ano un tempo novo, e ao longo destes meses, fixemos unha profunda reflexión sobre os erros e os acertos, que fixemos ben e en que nos equivocamos, rectificamos e soubemos xerar unha corrente de simpatía, explicou Pontón, a preguntas dos medios.
Hoxe somos un proxecto que discute sobre como podemos mellorar para darlle unha alternativa de futuro a Galiza nun momento crítico no que é importante alternativas definidas, serias porque somos unha forza que aspira a ter a confianza maioritaria dos e das galegas e aspiramos a gobernar este país. Aspiramos a relanzar o BNG como opción capaz de dar esperanza no futuro e cohesionar unha maioría social de cambio a favor de Galiza, conclúe Pontón.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.