Noticias

El Estado comprometió cubrir contingencias en la venta de NCG con un máximo de 1.085 millones y 319 para cláusulas suelo

El Estado comprometió cubrir contingencias por 1.085 millones en la venta de NCG, con 319 millones para cláusulas suelo. Las garantías del contrato de compraventa de Banesco con el FROB para adquirir Novagalicia Banco (hoy, Abanca) contaron con un compromiso de cobertura de contingencias que incluía 319 millones de euros para cláusulas suelo de hipotecas. En Marea clama contra lo que considera una "gran estafa".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado Manuel Lago, presentaron en rolda de prensa a proposta de traballo do seu grupo na comisión de investigación das Caixas na esixirán por unha banda que se entregue a documentación negada na anterior lexislatura como foi a carta de encargo onde a Xunta definía a KPMG o que pedía para auditoría que supostamente avalaría a fusión das caixas e que desapareceu “curiosamente“ do expediente entregado na comisión da anterior lexislatura. E por outra banda , os informes dos técnicos de Facenda aos que aludiu Marta Fernández Currás na súa resposta por escrito e que tampouco estaban na aportación aportada.

O viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, lamentou que o Partido Popular continúe na súa teima de ocultar o acontecido coas caixas de aforros galegas acusándoos de querer controlar “con man férrea tanto os tempos como a información o que da o tipo de concepción que ten o PP da democracia e do Parlamento“.

O grupo parlamentario de En Marea solicitará así mesmo a información relativa ao proceso de privatizacións do desenvestimento acelerado o que se traduce por “vender rápido“ que foi xustificado en base a un informe dunha auditora de McKinsey, “ben coñecida por actuar a nivel mundial pola privatización e as portas xiratorias, informe que non se coñeceu nin houbo acceso no Parlamento“. Por este motivo, En Marea solicita tamén a comparecencia do responsable desta auditoría e este informe así como o caderno de vendas, a comparecencia do presidente do FROB naquel momento, e a do propio Núñez Feijóo xa que “é incomprensible que o 40 por cento do aforro galego fose vendido sen que a Xunta soubese o se quixo dicir nada ao respecto“.

O deputado Manuel Lago pola súa banda aportou tres datos relevantes á hora de tratar o acontecido coas Caixas de aforro. O primeiro deles o feito de que a auditoría realizada tres meses despois da venda para coñecer o valor do banco, cifrouno en 2.587 millóns de euros, o que implica que tres meses despois da súa venda a Escotet por 1.000 millóns o seu valor calculábase en máis de 2.500 euros. Outro dos datos aportados foi a conta de resultados de Abanca que superou os 2.796 millóns de euros despois de desbotar activos como por exemplo a venda de R.

Por último, Manuel Lago referiuse ao feito de que na operación de venda o FROB asumiu o 85 por cento dos custes dunha serie de continxencias que se podan producir nos anos consecutivos, sendo “a máis dolorosa“ a relativa a asumir as cláusulas chan a partir do 2008 o que implica que o FROB terá que pagar 220 millóns de euros para pagar as cláusulas chan. “Non terá que pagar Abanca polas cláusulas chan senón que será á cidadanía quen se faga cargo destes pagos“ denunciou o deputado de En Marea.

Manuel Lago rematou a súa intervención afirmando que a liquidación precipitada dos aforros dos galegos e galegas foi “unha decisión de oligopolio financeiro español e a complicidade do PSOE e PP de liquidar caixas de aforros“. “Non imos dicir que non houbo erros de xestión porque si os houbo e supuxeron perdas millonarias pero na comisión demostraremos que dos 10.000 millóns de euros cerca do 80 por cento non é da conta de resultados senón decisións do Banco de España ao servizo do oligopolio financeiro para acabar coas caixas de aforro“ concluíu Lago.

R., 2017-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES