Noticias

Unas 2.400 personas participarán en la XVI Asamblea Nacional que marcará el futuro del BNG

Unas 2.400 personas se han inscrito para participar en la XVI Asamblea Nacional que celebra el BNG en A Coruña el 25 y 26 de marzo, y que marcará el futuro de la formación nacionalista, que girará alrededor de la figura de la actual portavoz nacional, Ana Pontón. Según responsables del BNG, tras reunir las aportaciones de la militancia y simpatizantes a través del Proceso Adiante, se someterán a debate 296 enmiendas al relatorio político y a los principios organizativos, 14 propuestas al informe de gestión de la dirección saliente y 38 sugerencias para el futuro.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

2.100 militantes e 300 simpatizantes xa realizaron a inscrición para participar na XVI Asemblea Nacional, a gran cita asemblearia das bases que, tras un intenso debate presentaron 296 emendas ás teses políticas e organizativas, 14 propostas ao informe de xestión da dirección saínte e 38 suxestións para actuacións futuras da organización.

Ningunha emenda á totalidade dos textos, nin tampouco ningún voto particular foi elevado nesta ocasión polas bases ao Consello Nacional, que maña aprobará todos os relatorios que serán sometidos a debate e votación final na XVI Asemblea Nacional dos días 35 e 26 de marzo.

“Son emendas que enriquecen os textos e que dan lugar as teses máis traballadas e debatidas do BNG na súa historia”, indicou o secretario de Comunicación, Rubén Cela, en relación ao Proceso Adiante de reformulación e actualización do proxecto nacionalista desenvolvido ao longo do último, no que participaron arredor de 2.000 militantes e simpatizantes.

O Consello Nacional tamén aprobará unha proposta de candidatura para a nova dirección con 50 integrantes, dos que os 19 primeiros corresponderían á Executiva nacional. A candidatura, conformada en base aos 137 nomes enviados desde as comarcas, será sometida a votación na Asemblea Nacional pola totalidade das bases.

A Asemblea Nacional comeza cun encontro coas delegacións internacionais convidadas, “onde se fará unha posta en común tanto a nivel internacional como a nivel de Estado con forzas políticas nacionalistas de Euskadi e Catalunya, e determinar que estratexia conxunta podemos adoptar con esas forzas”, indicou a responsable de Organización, Goretti Sanmartín.

Preguntados polos medios sobre a baixa como militante de Xavier Vence, o BNG transmite o seu respecto e o seu recoñecemento ao traballo e as aportacións feitas polo que fora portavoz nacional nunha etapa de moita dificultade.

“Respecto a decisión de Xavier aínda que nos gustaría que fose doutra maneira porque son dos que pensa que no BNG non sobre ninguén senón que se constrúe sobre todo coas ideas, esforzo e entrega da militancia”, salientou Cela, quen fixo un recoñecemento expreso ao traballo de Vence.

“É absolutamente recoñecido polo BNG o traballo realizado por Xavier, tanto no ámbito económico como especialista de prestixio como no ámbito político e organizativo, asumindo a Portavocía nacional nun momento complexo, encabezando unha dirección que fixo un traballo difícil nun contexto nada doado”, explicou, “recoñecemento e agradecemento polo seu traballo como portavoz nacional e como de militante”.

Cela salientou as altas de persoas que se sumaron nos últimos meses, -máis de 800 desde as eleccións galegas-, e reiterou que “un proxecto de país sen dependencias, como o que representa o Bloque, é máis necesario ca nunca”, concluíu Cela.

R., 2017-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES