
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG vai iniciar contactos co grupo parlamentario do PSdeG de cara crear unha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia, -tendo en conta que é posible se a solicitude se asina por tres grupos da Cámara-, despois do xiro xudicial que imputa ao ex xefe de seguridade de ADIF no sinistro de Angrois.
PP e PSOE deben pedir perdón ás vítimas e aos familiares polo sufrimento extra destes tres anos e deben levantar o veto á creación de comisións de investigación no Parlamento galego e no Congreso, salientou Pontón despois da Xunta de portavoces, tras explicar que o PP xa se apurou a vetar a solicitude de comparecencia do Goberno galego para analizar a seguridade no transporte ferroviario en Galiza.
A dirixente do Bloque considera que o xiro xudicial no caso Angrois confirma que houbo fallos na seguridade pola neglixencia de altos cargos de ADIF nomeados directamente polos sucesivos ministr@s de Fomento e, polo tanto, hai responsabilidades políticas.
Non se analizou o risco no tren que inaugurou José Blanco e Núñez Feijóo nun acto de autobombo no que escoitamos dicir que a inauguración do AVE era a guinda do pastel dunha realidade incontestábel, mentres que Ana Pastor, autorizou a desconexión do sistema de seguridade que tería evitado o accidente. Nin Blanco, nin Pastor, ni Feijóo realizaron nin mandaron analizar os riscos no Alvia, concluíu.
Pontón lembrou o traballo do BNG ao lado das vítimas sendo a única forza que pediu no Congreso a comparecencia do ex responsable de seguridade de ADIF, que o PP vetou a modo de muro de contención e evitar datos fidedignos sobre as condicións da chegada da alta velocidade a Galiza. E tamén o papel clave para acadar o contundente informe da UE denunciando a falta de independencia da investigación.
O BNG levará á sesión de control o espolio enerxético de Galiza nunha pregunta a Feijóo para que aclare se vai seguir do lado das eléctricas, que obteñen beneficios millonarios dun recurso natural mentres asistimos ao disparate de que Galiza é a terceira comunidade do Estado con máis pobreza enerxética, -650.000 familias-, nun país que exporta o 40% da electricidade que produce, explicou Pontón.
Precisamos un sistema eléctrico alternativo que, entre outras cuestións, inclúa unha tarifa eléctrica galega que permita a empresas e familias beneficiarse dos recursos enerxéticos do país, o noso petróleo, indicou a dirixente nacionalista.
No próximo pleno o Bloque tamén incluíu unha pregunta ao Goberno para que explique a súa posición ante as declaracións machistas do alcalde de Noia nun acto oficial do concello con motivo da celebración do 8M. Misoxinia disfrazada de humor, chistes noxentos que fomentan a desigualdade e son unha ofensa para todas as mulleres, criticou a portavoz parlamentaria.
Mentres, o feminista Feijóo leva unha semana de cinismo cómplice sen esixir a dimisión de quen quedou descualificado para estar ao fronte dunha institución, salientou Pontón, tras chamar a atención sobre a dobre vara de medir do PP, que pide dimisións en casos similares con cargos públicos doutras organizacións e mira para outro lado cando militan nas súas propias filas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.